Román Rodríguez salienta a importancia da cultura popular no centenario do Belén de Ortigueira

Ortigueira (A Coruña), 3 de decembro de 2023
Compartir
  • whatsapp

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe na inauguración do Belén de Ortigueira, unha representación que este Nadal conmemora o seu centenario e que xa se pode visitar no templo parroquial da localidade.

No acto, que contou coa actuación da Coral Polifónica de Ortigueira e o Coro de Espasante, o representante da Xunta agradeceu a implicación da sociedade para manter vivo “este tipo de tradicións espalladas por toda Galicia que forman parte da nosa cultura popular e que tanto orgullo e identidade xeran entre a veciñanza”.  

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 03/12/2023