A Xunta clausura o primeiro Congreso internacional de transición á vida adulta da mocidade do Sistema de Protección de Menores

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, destacou que máis de 10.000 adolescentes pasaron polo programa Mentor desde a súa posta en marcha hai vinte anos.

Ourense, 1 de decembro de 2023

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey clausurou hoxe o I Congreso Internacional de Transición á Vida Adulta da Mocidade do Sistema de Protección de Menores, que desde antonte celebrouse na Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense. Ademais, con este simposio organizado por Igaxes conmemorouse os vinte anos de traxectoria do programa Mentor.

Jacobo Rey sinalou que desde que se puxo en funcionamento a iniciativa Mentor, pasaron por ela máis 10.000 adolescentes que se atopan dentro do sistema de protección autonómico. O obxectivo deste programa é mellorar a súa formación, ofrecerlles orientación laboral e axudalos na súa emancipación unha vez que superan a maioría de idade.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/12/2023