Miranda compromete unha mellora superior ao 10% no apoio aos centros para o coidado dos galegos máis maiores do exterior, recollido xa no proxecto de orzamentos para 2024

Caracas, venres 1 de decembro
Compartir
  • whatsapp

Na visita do Secretario Xeral da Emigración ao Centro de Día da Hermandad Gallega de Venezuela, este comprometeu unha mellora superior ao 10% no apoio aos centros para o coidado dos galegos máis maiores do exterior, recollido xa no proxecto de orzamentos para 2024.

Durante este percorrido polo Centro de Día, puido observar directamente as actividades e os servizos que se ofrecen. Este espazo non só proporciona coidados e apoio aos membros maiores da comunidade, senón que tamén actúa como un centro de encontro e de mantemento das tradicións e cultura galegas.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 01/12/2023