A Casa de Galicia en Madrid acolle a exposición "Juana de Vega, Condesa de Espoz y Mina (1805-1872). Hacer en el siglo"

Compartir
  • whatsapp

Madrid, 7 de decembro de 2023

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na inauguración unha exposición promovida pola Fundación Juana de Vega e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades co fin de pór en valor a traxectoria da mecenas e filántropa coruñesa con motivo do 150 aniversario do seu falecemento.

A exposición está composta por 20 paneis nos que se destacan os aspectos máis relevantes da traxectoria vital desta ilustre coruñesa, progresista, avanzada á súa época e cunha gran sensibilidade social, que deixou unha pegada indeleble tanto na cidade da Coruña como en toda Galicia.

Participaron no acto inaugural: Enrique Sáez Ponche, presidente da Fundación Juana de Veiga; e Gustavo Hervella García, coordinador e documentalista da exposición, e a ex alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena.

Juana de Vega foi a muller con maior relevancia política na España do século XIX; unha posición impulsada pola súa personalidade e carácter, as súas fortes conviccións e por un contexto social que recollía as ideas liberais chegadas do norte de Europa. A súa figura representa, ademais, a importancia da sociedade civil na Coruña e o papel do liderado feminino nese ámbito.

A mostra poderá visitarse na sala Camilo José Cela desde o 7 de decembro até o 5 de xaneiro de 2024, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Festivos e domingos: de 10:00 a 14:00 horas.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 07/12/2023