Javier Arias asiste á toma de posesión de Miguel Romera como comisario da Policía Nacional de Lugo

Lugo, 20 de decembro de 2023

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, asistiu hoxe á toma de posesión de Luis Miguel Romera Pérez como comisario xefe do Corpo Nacional de Policía en Lugo.

Arias desexoulle sorte no seu novo cometido, destacou o importante papel que xoga a Policía Nacional en materia de seguridade e de auxilio en situacións de emerxencia, e reiterou a vontade do Goberno galego de manter a colaboración e seguir traballando de forma coordinada nos ámbitos nos que existen competencias comúns.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/12/2023