Estabilizado o incendio forestal do concello lucense de Taboada, parroquia de Ínsua
O lume iniciouse ás 16,44 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2026
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello lucense de Taboada, parroquia de Ínsua, quedou estabilizado onte ás 22,26 horas.
Este lume iniciouse ás 16,44 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor das 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 5 técnicos, 10 axentes, 22 brigadas, 14 motobombas, 3 pas, 9 helicópteros e 6 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.