A Xunta envía aos sindicatos da mesa sectorial a proposta de distribución por especialidades das 1.743 prazas de oposicións do ensino público neste ano

O 86% das prazas que se ofertarán nas probas son de novo ingreso
 

Un total de 520 son de mestres, 875 de profesores de ensino secundario, 84 de especialistas en sectores singulares da FP e 33 de docentes de escolas de idiomas
 

As 231 restantes son para que funcionarios docentes poidan acceder ao corpo de profesores de ensino secundario (220) ou ao de inspectores de educación (11)

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2024

A Xunta de Galicia enviou esta mañá ás organizacións sindicais da Mesa Sectorial a proposta de distribución por especialidades das 1.743 prazas de oposicións para o ensino público neste ano 2024. Esta proposta analizarase o vindeiro martes 16 na reunión deste órgano, á que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades levará tanto o decreto de oferta pública de emprego como a convocatoria das probas que se celebrarán, como é habitual, a final de curso.

Das 1.743 prazas, un total de 1.512, o 86%, son de novo ingreso. Delas, 520 son para o corpo de mestres, 875 para o de profesores de ensino secundario, 84 do novo corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP e 33 de escolas oficiais de idiomas.

A distribución por especialidades é a reflectida nas seguintes táboas:

Corpo de mestres

520 prazas, oito especialidades
Especialidades
Prazas
Educación Infantil
50
Lingua Estranxeira: Inglés
65
Lingua Estranxeira: Francés
50
Educación Física
40
Música
20
Pedagoxía Terapéutica
110
Audición e Linguaxe
80
Educación Primaria
105
 


Corpo de profesores de ensino secundario

875 prazas, 34 especialidades
Especialidades
Prazas
Filosofía
24
Latín
10

Lingua Castelá e Literatura

36

Xeografía e Historia

29
Matemáticas
24

Física e Química

20

Bioloxía e Xeoloxía

10
Debuxo
15
Francés
10
Inglés
80
Música
10

Educación Física

46
Orientación Educativa
21
Tecnoloxía
60
Lingua Galega e Literatura
80
Economía
22
Administracións de Empresas
15
Formación e Orientación Laboral
20
Informática
50
Intervención sociocomunitaria
22
Organización e Xestión Comercial
17
Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos
19
Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica
20
Procesos de produción agraria
11
Sistemas Electrotécnicos e Automáticos
16
Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos
10
Instalacións electrotécnicas
18
Operacións e equipamentos de produción agraria
10
Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico
13
Procedementos sanitarios e asistenciais
18
Procesos comerciais
11
Procesos de xestión administrativa
25
Sistemas e aplicacións informáticas
65
Equipos electrónicos
18
 

Corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP

84 prazas en cinco especialidades
Especialidades
Prazas
Cociña e pastelería
10
Fabricación e instalación de carpintería e moble
11
Mantemento de vehículos
25
Mecanizado e mantemento de máquinas
28
Soldadura
10
 

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

33 prazas en tres especialidades
Especialidades
Prazas
Francés
11
Galego
7
Inglés
15
 

Acceso ao corpo de Inspectores de Educación

Especialidade
Prazas
Inspección Educativa
11
 

Acceso do Subgrupo A2 ao Subgrupo A1 ao corpo de profesores de ensino secundario

Especialidades
Prazas
Filosofía
6
Latín
2
Lingua Castelá e Literatura
9
Xeografía e Historia
7
Matemáticas
6
Física e Química
5
Bioloxía e Xeoloxía
2
Debuxo
4
Francés
2
Inglés
20
Música
2
Educación Física
12
Orientación Educativa
5
Tecnoloxía
15
Lingua Galega e Literatura
20
Economía
6
Administracións de Empresas
4
Formación e Orientación Laboral
5
Informática
13
Intervención sociocomunitaria
6
Organización e Xestión Comercial
5
Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos
5
Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica
5
Procesos de produción agraria
3
Sistemas Electrotécnicos e Automáticos
4
Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos
2
Instalacións electrotécnicas
5
Operacións e equipamentos de produción agraria
2
Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico
3
Procedementos sanitarios e asistenciais
5
Procesos comerciais
3
Procesos de xestión administrativa
6
Sistemas e aplicacións informáticas
16
Equipos electrónicos
5

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/01/2024