O presidente da Xunta participou na inauguración da nova sede da marca en Bergondo

Rueda salienta o valor de elPulpo como empresa exportadora da “marca Galicia” por todo o mundo

Bergondo (A Coruña), 17 de xaneiro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o valor de elPulpo como unha empresa que leva a “marca Galicia” como sinal de identidade por todo o mundo. 

Así o salientou na inauguración da nova sede da marca en Bergondo, pensada para albergar o proxecto téxtil de elPulpo e Nanos, tras mercar en setembro esta firma de roupa infantil. Neste sentido, Rueda resaltou o destacado papel do que goza a empresa no sector téxtil a nivel nacional e internacional.

O titular do goberno galego quixo encomiar a labor de José Antonio e Jorge Chacón, fundadores da compañía, e valorou a traxectoria da marca que, tal e como salientou, identifícase cos valores da comunidade e representa “esa esencia das grandes empresas de Galicia, a base familiar que nunca perden”.

Por último, Rueda destacou o  importante papel do sector téxtil na comunidade, ao ser o principal xerador da riqueza galega e levar o selo da calidade por todo o mundo ao representar un gran volume da capacidade exportadora do territorio.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/01/2024