A Xunta presenta os membros dos catro comités que asesorarán o Proxecto Xenoma Galicia

O Servizo Galego de Saúde recompilará o ADN de 400.000 galegos e galegas co obxectivo de detectar enfermidades antes de que aparezan, diagnosticalas de forma precoz e ofrecer tratamentos farmacolóxicos individualizados

O titular da carteira sanitaria destaca o “carácter de país” desta iniciativa, nun acto no que se deron a coñecer os nomes dos expertos que conformarán os 4 comités cos que conta o Proxecto

O director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Ángel Carracedo; e a coordinadora do proxecto, María Brión, destacan o carácter ambicioso e a relevancia a nivel mundial que posúe este proxecto a nivel científico e sanitario

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2024

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, interveu esta mañá no acto de presentación dos comités que asesorarán o Proxecto Xenoma Galicia. A nova iniciativa sanitaria coa que a Xunta recompilará o ADN de 400.000 galegos e galegas, co obxectivo de poder detectar enfermidades antes de que aparezan, diagnosticalas dun xeito precoz e ofrecer tratamentos farmacolóxicos individualizados.

O devandito proxecto, permitirá identificar as variantes xenéticas das persoas que, con idades comprendidas entre os 35 e os 65 anos, participen neste programa. Así, o conselleiro destacou o seu carácter “de país”, de acordo ao grande valor científico-sanitario que terá a recollida e secuenciación destes datos xenéticos.

Con estas probas xerarase unha información fundamental para a historia clínica do paciente, pero tamén moi valiosa para o eido da investigación e para coñecer o perfil xenético da comunidade.

Acompañado polo director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Ángel Carracedo; e pola coordinadora do proxecto, María Brión; o titular do departamento sanitario da Xunta precisou tamén que “100.000 destas 400.000 persoas” participarán así mesmo na denominada ‘Cohorte Galicia’, unha sección que, inserida dentro do programa, ten por obxecto a creación dun Biobanco de mostras de sangue, plasma e soro; para poder afondar no eido investigación e desenvolver fármacos máis adaptados ás características xenéticas máis cotiás entre poboación galega.

Galicia, referente mundial en investigación xenética

Durante o acto, o doutor Ángel Carracedo, subliñou a “importancia que terá este proxecto para a comunidade científica mundial”, destacando así mesmo a súa dimensión, de acordo ao seu grande número de participantes, “un feito que situará Galicia nas primeiras posicións da investigación xenética mundial”.

“As futuras xeracións agradecerán a realización deste proxecto”, proseguiu o director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, pois os seus datos suporán unha revolución para o coidado da saúde da nosa poboación.

Pola súa banda, a coordinadora do Proxecto Xenoma Galicia, María Brión, explicou que entre os obxectivos do programa destacan: a creación dun banco con datos xenéticos, a creación dun biobanco de mostras biolóxicas, e tamén a realización de cribados xenéticos, que nesta primera fase do proxecto abordarán o cribado de cancer de mama e ovario hereditario, sindrome de Lynch e a Hipercolesterolemia familiar.

“Avanzaremos no coñecemento das bases xenéticas das enfermidades e situaremos a Galicia no primeiro nivel da investigación xenómica mundial”, concluíu Brión.

Catro comités para un proxecto ambicioso

Durante o acto desta mañá, déronse a coñecer os nomes dos membros dos 4 comités que asesorarán e acompañarán o desenvolvemento do Proxecto Xenoma Galicia. Comesaña explicou que esta iniciativa tamén implicará ás universidades galegas, aos institutos e centros de investigación, así como ao tecido económico do ámbito biotecnolóxico de Galicia.

Nesta liña, remarcou que o Proxecto Xenoma Galicia contará co acompañamento e asesoramento de ata 4 comités: un institucional, un de tipo funcional, ademais de cadanseu comité científico de carácter interno e externo.

“Eliximos aos mellores expertos para formar dos comités do Proxecto Xenoma Galicia”, apuntou Comesaña, ao tempo que puxo en valor a firme aposta da Xunta pola Medicina 5P -personalizada, predictiva, preventiva, participativa e poboacional-.

“Trátase dun proxecto moi ambicioso” salientou o conselleiro, e co que “se avanza cara a Sanidade do futuro”, que se caracterizará por afondar en modelos sanitarios predictivos, e cos que se procura anticipar a aparición das doenzas ou das lesións de calquera tipo, garantido diagnósticos e tratamentos máis precoces e eficaces.

No transcurso desta mañá, interviron na presentación do Proxecto Xenoma Galicia, o profesor de ciencia estadística na Universidade de Oxford e director executivo de Genomics PLC, Peter Donnelly; o profesor de Xenética Complexa no Centro Médico Erasmus de Rotterdam e director do Genomics Core Facility, o doutor André Utterlinden; o xefe do Biobanco de Estonia e Director do Centro de Xenoma de Estonia, doutor Andrés Mespalu; e o membro nacional do Comité Científico Director do departamento de Ciencias da Vida do Barcelona Supercomputing Center e coordinador do eixo de datos da iniciativa IMPaCT, o doutor Alfonso Valencia.

Así mesmo, o doutor Joaquín Cubiella, moderou a charla sobre o Proxecto Xenoma Galicia, na que participaron como relatores, o xefe do servizo de Oncoloxía do CHUO, Jesús García Mata; o xefe do servizo de Cardioloxía do CHUS, José Ramón Juanatey e o xefe da sección de Medicina interna do CHUAC, José Luis Díaz Díaz.

  
ANEXO (Membros dos Comités científicos)
 
Comité científico externo
 

Peter Donnelly (Universidad de Oxford y Genomics PLC)

Carmen Ayuso (IIS,Fundación Jimenez Diaz, Madrid)

Andres Metspalu (Estonian Genome Center, Tartu, Estonia)

Astrid Vicente (Universidad de Lisboa, Portugal)

Marcos Lopez Hoyos (Cohorte Cantabria, Instituto de investigación de Valdecilla)

André Uitterlinden (Erasmus MC, Rotterdam)

Marina Pollán (Coordinadora de Impact cohortes Madrid,)

Alfonso Valencia (Coordinador de Impact datos, Barcelona )

 
Comité científico interno

José Ramón González Juanatey

Rafael López López
Rosario García Campelo
Jesús García Mata
David Posada González

Francisco Javier Blanco García

Joaquín Cubiella Fernández 

Maria José Lamas Gonzalez

Francisco Javier De Toro Santos 

Manuel Portela Romero

Francisco Javier García Soidán

José Luis Díaz Díaz
José Enrique López Paz
María Isabel Loza García
Alberto Malvar Pintos
Ángel Gómez Amorín
Susana María Romero Yuste
Ana Echarri Piudo

Sergio Vázquez Estévez

Ana Vega Glienmo
Clara Ruiz Ponte
Ángel Carracedo Alvarez
María Brion Martínez
 

Data de actualización: 26/01/2024