A Xunta ten aberto ata o vindeiro día 30 de setembro o prazo para pedir as axudas para obter o carné de conducir

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, informou destas axudas para a xente moza durante unha visita a unha autoescola de Pontevedra

Pontevedra, 6 de febreiro de 2024

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, informou hoxe a un grupo de xente moza de que ata o vindeiro día 30 de setembro está aberto o prazo para solicitar as axudas para obter o carné de conducir. Fíxoo durante unha vista a unha autoescola de Pontevedra, onde tamén deu conta das vantaxes do Carné Xove.

Cristina Pichel explicou que a Xunta sufraga arredor do 50% do custe que ten obter sacarse o permiso de conducir de coche, autobús ou camión; con axudas que oscilan entre os 400 e os 1.300 euros en función do tipo de carné. Ademais, a directora xeral puxo en valor as vantaxes que ten o Carné Xove, que reciben de forma gratuíta nas súas casas as mozas e mozos galegos e co que poden acceder a descontos en numerosos establecementos e servizos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/02/2024