A Xunta somete a información pública o proxecto de trazado para a mellora da seguridade viaria na intersección da PO-255 en Covelo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio deste trámite, así como os bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto para actuar no cruce en "T" entre esta vía autonómica e a estrada provincial EP-5104

A intervención conta cun orzamento de máis de 217.000 € e servirá para darlle máis visibilidade aos vehículos nos xiros á esquerda

Prevese aprobar o proxecto no segundo semestre do ano e, a continuación, licitar as obras para a súa execución en 2025, cun prazo de 4 meses

As persoas interesadas dispoñen ata o día 22 de marzo para presentar as súas suxestións

Compartir
  • whatsapp

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2024

A Xunta somete a información pública o proxecto de trazado para a mellora da seguridade viaria na intersección do punto quilométrico 31+540 da estrada autonómica PO-255, no concello de Covelo.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio do inicio do trámite de información pública necesario para intervir na intersección en "T" entre esta vía autonómica e a estrada provincial EP-5104.

A intervención conta cun orzamento de máis de 217.000 euros e ten como obxectivo dar maior visibilidade aos vehículos nos xiros á esquerda, reforzando a seguridade viaria.

Co procedemento que hoxe anuncia o DOG, tamén se somete a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización desta actuación.

As persoas interesadas poderán formular observacións á concepción do trazado ata o vindeiro día 22 de marzo. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa ao anuncio: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240209/AnuncioG0181-310124-0001_gl.html

A Xunta prevé aprobar a información pública e o proxecto no 2º semestre de 2024, para licitar e executar as obras no vindeiro ano. O prazo de execución da obra é de 4 meses.

Entre as actuación proxectadas para a mellora da intersección entre a vía autonómica e a provincial está a ampliación da plataforma da PO-255 nesta contorna.

No punto quilométrico 0+050 da PO-255 prevese habilitar unha “bágoa” que permita o cambio de sentido aos vehículos que veñen de ambas as estradas en sentido decrecente.

No proxecto prevese, ademais, executar un carril de espera entre os puntos quilométricos 0+080 e 0+095, que dá acceso a un ramal directo de nova execución cara á EP-5104. No espazo morto executarase un illote.

O único movemento non contemplado no proxecto de trazado, tampouco permitido na actualidade, é o cambio de sentido na PO-255, en sentido de avance.

Nesta intervención tamén se inclúe o reforzo do firme dun treito da PO-255.

Data de actualización: 09/02/2024