Máis de 2.100 opositores convocados aos exames do Sergas desta fin de semana

O departamento sanitario da Xunta oferta este sábado un total de 134 prazas distribuídas en catro categorías profesionais

En concreto, o Sergas oferta 61 prazas de Enfermeiro/a especialista en enfermaría Familia e Comunitaria; 70 de Fisioterapeuta; 1 de Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información e 2 de Técnico/a superior en Hixiene Bucodental

Ao longo deste mes de febreiro, o Servizo Galego de Saúde convocou os exames para a cobertura de 913 prazas distribuídas en 10 categoría

O vindeiro día 16 de marzo proseguirá a realización das probas selectivas para a cobertura de prazas en 37 categorías de persoal estatutario licenciado sanitario

 

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2024
Compartir
  • whatsapp

O Recinto Feiral Internacional de Galicia (Silleda) acolle na xornada de mañá a realización das probas selectivas para o acceso ao Servizo Galego de Saúde nas categorías de Enfermería Familiar e Comunitaria; Fisioterapeuta; Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información e Técnico/a superior en Hixiene Bucodental.

Así, e desde as 9:00 horas, o número total de persoas convocadas para a realización destes exames ascende até as 2.138 persoas opositoras.

Na xornada do sábado, o Sergas oferta un total de 134 prazas distribuídas en catro categorías profesionais. En concreto, 61 prazas de Enfermeiro/a especialista en enfermaría Familia e Comunitaria; 70 de Fisioterapeuta; 1 de Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información; e 2 de Técnico/a superior en Hixiene Bucodental.

Na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) recóllese a información das distintas portas de acceso ao recinto e a relación de aspirantes comprendidos en cada unha delas.

Ao longo deste mes de febreiro, o Sergas oferta un total de 913 prazas distribuídas en 10 categorías. Así, ás 134 prazas de mañá sábado, débense engadir as 779 ofertadas durante a pasada fin de semana, na que participaron máis de 13.500 opositores.

 
 
En marzo continúan as probas do Sergas
 

O vinderio día 16 de marzo o Servizo Galego de Saúde proseguirá coa realización das probas selectivas para a cobertura de prazas en 37 categorías de persoal estatutario licenciado sanitario.

En concreto, durante a quenda de mañá, desenvoveránse os exames de Facultativo/a especialista en: Alergoloxía; Anatomía patolóxica; Anxioloxía e Cirurxía vascular; Cirurxía cardiovascular; Cirurxía oral e maxilofacial; Cirurxía pediátrica; Cirurxía plástica, estética e reparadora; Dermatoloxía médico-cirúrxica e venereoloxía; Endocrinoloxía e Nutrición; Medicina física e rehabilitación; Medicina intensiva; Microbioloxía e parasitoloxía, Nefroloxía, Neurocirurxía, Neuroloxía, Oftalmoloxía, Oncoloxía médica, Otorrinolaringoloxía; Pneumoloxía; Psiquiatría; Uroloxía; Xeriatría, Médico/a admisión e documentación clínica, e Médico/a asistencial do 061.
 

Xa pola tarde, Anestesioloxía e reanimación; Aparello dixestivo; Cardioloxía; Cirurxía torácica; Cirurxía xeral e aparello dixestivo; Hematoloxía e hemoterapia; Medicina interna, Medicina preventiva e saúde pública; Neuroloxía, Pediatría e as súas áreas específicas; Psicoloxía clínica, Radiodiagnóstico, Reumatoloxía; e Médico/a coordinador do 061. 

Protocolo das medidas organizativas no desenvolvemento das probas 

Destacar que na organización destes procesos selectivos non se realiza o chamamento dos aspirantes. Así, todos os aspirantes teñen á súa disposición na Oficina Virtual do Profesional (FIDES/ expedient-e), desde a data de publicación da data do exame no Diario Oficial de Galicia, até a acreditación persoal con código QR.

 

Á hora de inicio das probas os aspirantes acércanse á porta que teñen asignada co código QR que debe levar impreso e acreditando a súa identidade acceden ao exame. Con esta medida axilízase a entrada ao recinto, evitando aglomeracións innecesarias.

 
 
 

 

Departamento: C. de Sanidade
Data de actualización: 09/02/2024