A Xunta participa nas actividades programadas pola mocidade de ASDE-Scouts en Santiago

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2024

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta tarde os mozos do grupo Chan 292 de ASDE Scouts de Galicia, en Santiago, que realizan distintas actividades para os próximos días. Durante a visita, puxo en valor o traballo destas entidades na promoción de ocio educativo para os mozos e mozas.

En concreto, os mozos máis maiores do grupo dedican esta fin de semana a preparar os materiais necesarios para levar a cabo a próxima acampada, mentres que os de menor idade gozan das actividades vinculadas co Entroido e obradoiros sobre distintas temáticas do seu interese.

Data de actualización: 10/02/2024