A Xunta completa traballos preventivos en 27 hectáreas do distrito forestal XVI Deza-Tabeirós, en Cerdedo-Cotobade e Forcarei, para facilitar a defensa contra os incendios forestais

As actuacións consistiron na mellora de devasas, roza mecanizada da plataforma de pistas forestais, roza das faixas auxiliares de pistas e mellora de pistas forestais en montes destes concellos pontevedreses

A mellora de devasas busca interromper a continuidade da vexetación en lugares específicos para crear ou mellorar liñas de defensa, dificultando a propagación do lume

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2024
Compartir
  • whatsapp

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, vén de completar actuacións para a prevención de incendios forestais no Distrito Forestal XVI Deza-Tabeirós.

 

As actuacións realizadas consistiron na mellora de devasas, roza mecanizada da plataforma de pistas forestais, roza das faixas auxiliares de pistas e mellora de pistas forestais en varios montes veciñais en man común dos concellos pontevedreses de Forcarei e Cerdedo-Cotobade. En total, actuouse nunha superficie dunhas 27 hectáreas.

 

A mellora de devasas busca interromper a continuidade da vexetación en lugares específicos para crear ou mellorar liñas de defensa, dificultando a propagación do lume e facilitando os traballos de extinción nestas zonas estratexicamente localizadas.

 

Para poder levar a cabo estes traballos empregouse maquinaria específica como pas ou tractores con rozadora de cadeas, ademais de realizarse actuacións de xeito manual.

Imaxes relacionadas
Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 11/02/2024