O 061 de Galicia asistiu 81 persoas por 59 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 9 de febreiro ata as 23,59 horas do domingo, 11 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 70 chamadas por accidentes de tráfico

Compartir
  • whatsapp

A Estrada (Pontevedra), 12 de febreiro de 2024

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 81 persoas debido a 59 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 9 de febreiro, ata as 23,59 horas do domingo, 11 de febreiro. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 24 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 70 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 59 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 81 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 57 % e do 43 %, respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 27 % dos atendidos tiña entre 30 e 44 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 21 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
19
Lugo
12
Ourense
7
Pontevedra
21
Galicia
59

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 71. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en cinco accidentes, o helicóptero medicalizado mobilizouse en dúas ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 58 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes.

En 68 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 13 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 12/02/2024