Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e o Concello de Vilarmaior avalían vías de colaboración para a mellora do servizo de abastecemento nas parroquias de Doroña e Grandal
Ángeles Vázquez indicoulle ao rexedor que o persoal de Augas de Galicia estudará o proxecto de cara a determinar a viabilidade da iniciativa e establecer posibles vías de colaboración técnica e financeira
O xerente do Sergas subliña a importancia de incorporar criterios climáticos ás políticas sanitarias do Goberno galego
Pon en valor a Estratexia de Economía Circular do Sergas, a folla de ruta para transformar o modelo sanitario cara a un sistema sostible e circular, con obxectivos medibles e horizonte temporal definido
Seis concellos da provincia de Ourense reciben axudas da Xunta para á renovación de auditorios, bibliotecas, arquivos e equipamentos culturais
O delegado territorial explicou que na provincia de Ourense foron beneficiados, ademais de Beade, os concellos de Bande, Beariz, O Carballiño, Maceda e Trasmiras
A Xunta inviste máis de 2,1 millóns de euros nos cursos AFD que se imparten na área de influencia do concello de Pontevedra
O delegado territorial visitou o centro sociocultural de Tenorio, onde a empresa Magnafor Qualitas está a levar a cabo un curso de atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
Ana Ortiz destaca a eficiencia do Bono Remuda que achegou máis de 200.000€ a quince negocios en Vigo para garantir a súa continuidade
A delegada da Xunta visitou este luns o establecemento Quo Vadis, un dos beneficiarios das axudas para facilitar o traspaso de negocios autónomos
A Xunta remata as obras de estabilización do noiro do tramo da AG-57 afectado polo temporal ao seu paso por Gondomar, tras un investimento de case 110.000 €
Esta fin de semana procedeuse xa á reapertura do carril cortado ao tráfico sentido Baiona no tramo da autovía do Val Miñor que permaneceu pechado durante as obras
Villaverde sitúa a innovación como elemento clave na protección do medio mariño
A conselleira do Mar reuniuse co xerente da empresa Subacutic, especializada no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas innovadoras