Medio Rural e a Asociación Española do Sector do Papel e Cartón avalían vías de colaboración neste sector
2026-04-13
/documents/35297/2086709/260413_Aspapel_x-1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 13 de abril de 2026
A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, mantivo hoxe unha reunión con representantes da Asociación do Sector do Papel e Cartón (Aspapel), na que se avaliaron vías de colaboración a prol deste sector.
Na xuntanza abordáronse cuestións como a certificación forestal sustentable, na cal Galicia é un referente ao situarse como a segunda rexión española con maior superficie amparada polo sistema PEFC, por riba das 514.000 hectáreas. A maiores tamén se trataron asuntos de relevancia para o presente e futuro do sector forestal.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 13/04/2026