Actualidade
Buscador de novas
A Xunta subliña o papel esencial que vai xogar a minería no desenvolvemento económico dunha Galicia verde, sustentable e descarbonizada
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, inaugurou a Asemblea Xeral Ordinaria da Cámara Oficial Mineira de Galicia
A Xunta inviste 650.000 € en melloras nos portos de Muros e Esteiro
Marta Villaverde presentou as obras de renovación do pavimento do pantalán mexilloeiro que Portos de Galicia ten en licitación dentro dun contrato global para unha decena de peiraos
María José Gómez destaca o pulo do selo Artesanía Alimentaria con 146 empresas inscritas e 266 produtores
A conselleira do Medio Rural visitou na Pobra do Brollón a panadería Herbella, que conta con este distintivo de calidade diferenciada
Rueda reforza a colaboración da Xunta coa Fundación “la Caixa”, que investirá 16 M€ este ano en Galicia
O responsable do Executivo autonómico asinou hoxe co presidente da entidade, Isidro Fainé, o acordo mediante o cal a fundación incrementa nun millón de euros o importe destinado a acción social, investigación, educación e cultura na Comunidade
Fabiola García anima os usuarios das residencias de maiores da Xunta a participar en iniciativas de envellecemento activo a través do deporte
A conselleira destaca que esta xornada de convivencia, na que participaron 60 persoas de tres centros residenciais, enmárcase na aposta do Executivo galego por seguir impulsando a vida pública e social na terceira idade
A Xunta regulará por primeira vez un procedemento específico para a xestión de queixas, suxestións e agradecementos no sistema sanitario público de Galicia
A nova orde establecerá un marco xurídico propio para o ámbito sanitario que garantirá unha resposta á cidadanía nun prazo máximo de 30 días hábiles
A Xunta ultima a adxudicación da redacción do Plan galego de prevención e xestión do residuo alimentario para avanzar cara a un sistema máis eficiente e sostible
Ángeles Vázquez indica que o obxectivo deste plan é impulsar medidas orientadas á promoción de boas prácticas e á prevención de xeración destes residuos, fomentando o aproveitamento dos alimentos e reducindo o desperdicio
Lara Meneses recibe o alumnado de galego de Castela e León co desexo de que "gocen da experiencia e se acheguen á nosa cultura"
A viaxe realízase como actividade complementaria no marco do Programa de promoción do galego nos territorios limítrofes con Galicia da comunidade veciña
Medio Rural facilita alimentación para gando nunha explotación afectada polo incendio de Ponteareas
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu na mañá de hoxe á recepción do primeiro cargamento de alimentación para esta explotación, que conta con máis de 100 exemplares de vaca cachena en extensivo
A Xunta inicia unha rolda de xuntanzas con diversas entidades para presentar a postura autonómica na captación de novas rutas aéreas
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes mantivo hoxe a primeira das reunións previstas, na que participaron representantes dos sectores empresarial e turístico de Santiago de Compostela