Actualidade
Buscador de novas
A Xunta colabora coa Deputación de Pontevedra na implantación de novos servizos de transporte público en Portas, Moraña e Campo Lameiro
Trátase dun proxecto piloto que arranca en abril no marco do proxecto ‘+Mobe: mobilidade rural, sostible e inclusiva en Pontevedra’ co obxectivo de reforzar as conexións coa capital da provincia
Manuel Pardo destaca a aposta da Xunta a prol da remuda xeracional no agro e impulsar a súa modernización
O delegado territorial lembrou que a Xunta ten aberto o prazo dunha nova orde destas axudas cun orzamento global de 53 millóns de euros, dos cales 23 millóns irán destinados a apoiar a incorporación de mozos, mentres que os 30 millóns restantes serán para os plans de mellora asociados a estas incorporacións
Martina Aneiros dá a benvida aos policías estranxeiros que participan esta Semana Santa no Proxecto Comisarías Europeas
Luisa Deelman, de Alemaña, e Carlo Mincone, de Italia, súmanse aos axentes da Comisaría da Policía Nacional Ferrol-Narón ata o 6 de abril
Belén do Campo destaca o gran despregamento previsto de maquinaria e de 40 traballadores para o derrubamento do viaduto da AC-12
A delegada da Xunta destacou que a actuación conta cun amplo dispositivo humano e técnico que permite traballar as 24 horas do día, durante as 3 xornadas, para minimizar as afeccións ao tráfico
A Xunta reforza a protección do persoal de Gardacostas no control do furtivismo a través da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira do Mar, Marta Villaverde, asinan o acordo, dotado con 60.000 euros
A Xunta crea unha tarxeta profesional identificativa con certificado electrónico para os máis de 48.000 traballadores da sanidade pública
Permitirán o acceso a sistemas informáticos e, no seu caso, a áreas restrinxidas para as que conten con autorización
Extinguido un lume no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afectou ao parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés
Quedou extinguido ás 19,42 horas de hoxe e afectou finalmente unha superficie de 0,06 hectáreas, todas arboradas
Belén do Campo destaca o carácter familiar e a fonda tradición da procesión da Borriquilla na Coruña
A procesión partiu ás 11:00 horas desde o templo dos Padres Capuchinos e percorreu o contorno da Praza de Vigo, onde tivo lugar a tradicional bendición dos ramos de oliveira e das palmas, un dos momentos máis significativos da xornada.