Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 34.121 novas da Fonte::

26/03/2026 | 15:30 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García pon en valor o papel dos centros sociocomunitarios da Xunta na promoción do envellecemento activo e do benestar dos maiores

Destaca a aposta do Goberno galego polas actividades de envellecemento activo para axudar ás persoas maiores “a manter unha vida plena, activa e de calidade”

26/03/2026 | 15:16 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o compromiso da Xunta con diversificar a actividade turística por todo o territorio e ampliar a oferta no rural

Salienta que os campings son unha forma de turismo que colle todo o bo que ten Galicia e que o número de turistas que os elixen medrou na última década

26/03/2026 | 15:03 | C. do Medio Rural

María José Gómez entrega os títulos da parcelaria de Alfoz, que triplica a superficie media das parcelas

A concentración de Pereiro-Oirás abrangue unha superficie de 362 hectáreas propiedade de 309 titulares e contou cun investimento de algo máis dun millón de euros que permitiu tamén reducir en máis do 70 % o número de predios

26/03/2026 | 14:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A tempada xeral de caza comezará o 18 de outubro e estenderase ata o 6 de xaneiro de 2027

Marisol Díaz salientou que, no marco das iniciativas postas en marcha para previr a peste porcina, proponse levar a cabo a coñecida como caza en man, co fin de incrementar e optimizar as medidas de control desta especie

26/03/2026 | 14:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta o papel da Feira educativa de Ourense para axudar ao alumnado a elixir que estudar

O conselleiro visita a mostra que reúne a 2.500 alumnos co fin de achegar a oferta de FP, universidades e proxectos innovadores dos centros educativos

26/03/2026 | 14:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a mellora do colexio de Coles tras investir a Xunta máis de 241.000€ en obras

O conselleiro de Educación visita o centro para supervisar o resultado da intervención, que supuxo renovar 1.259 m² neste centro

26/03/2026 | 14:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O IES de Cacheiras, en Teo, reforza a convivencia escolar coas actividades da súa V Semana Cultural

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, felicita ao centro en nome da Xunta por esta iniciativa que inclúe charlas e obradoiros variados

26/03/2026 | 14:04 | C. do Mar

Belén do Campo analiza coa xerente do GALP Ría de Arousa, Rosa Carballo, o balance das axudas e a evolución dos proxectos desta entidade

O ámbito territorial deste GALP Costa Sostible abrangue os concellos da provincia da Coruña de Boiro, A Pobra, Rianxo, Ribeira e da provincia de Pontevedra de Cambados, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa 

26/03/2026 | 13:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoiará os concellos cunha nova liña de axudas dotada con 1M€ e destinada á adquisición de maquinaria para a prevención de incendios forestais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, explicou nunha xornada técnica de ‘ExpoMunicipal’ que esta nova medida está cofinanciada con fondos europeos Feder e vai dirixida a entidades locais de menos de 30.000 habitantes