A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Vilanova de Arousa

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán.

No encontro mantido en San Caetano, ao que tamén asistiu o director territorial da Consellería en Pontevedra, José Manuel González, abordáronse actuacións en materia de infraestruturas e urbanismo, de interese para este municipio.

A reunión enmárcase na liña de colaboración que vén mantendo o departamento que dirixe María M. Allegue cos concellos, prestándolles apoio para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/03/2026