23/03/21 | 11:45 | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda A Xunta acomete a humanización integral da rúa San Benito de Arbo cun investimento de 170.000 € ao abeiro do Plan Hurbe
O delegado territorial, Luis López, e o alcalde, Horacio Gil, supervisan os traballos, que estarán rematados despois de Semana Santa para completar a modernización deste vial de acceso ao núcleo urbano tras a realizada na rúa Antonia Tovar