Actualidad

Buscador de noticias

Tiene disponibles para la consulta 34.146 noticias de la Fonte::

25/03/2026 | 18:14 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca a aposta de Galicia pola enfermería en saúde mental, coa incorporación de 32 novos profesionais e 21 prazas para iniciar a formación especializada neste 2026

O máximo responsable da Sanidade galega remarcou que a psicoenfermería ocupa un lugar estratéxico no coidado preventivo e na recuperación integral dos pacientes

25/03/2026 | 18:08 | C. do Medio Rural

Medio Rural facilitará os trámites aos propietarios para axilizar a substitución por eucalipto do piñeiro gravemente afectado pola banda marrón

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, visitou hoxe en Abadín unha zona afectada por esta doenza e avanzou os detalles da instrución que se publicará nos próximos días na web da Consellería para clarificar as flexibilizacións da moratoria ata 2030 incluídas na Lei de medidas

25/03/2026 | 18:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez informa ao alcalde de Muíños das liñas de axudas ás que poden acollerse os concellos en materia de augas

Na reunión a conselleira e o alcalde tamén analizaron as iniciativas propostas para a posta en valor da aldea de Salgueiro

25/03/2026 | 17:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promociona en México a marca Artesanía de Galicia e o seu proxecto ‘Artesanía no Prato’

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe en Cidade de México Expo UMEGAL, un evento enfocado a profesionais da hostalería, da gastronomía e do contract

25/03/2026 | 16:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor a consolidación das feiras ‘Expomunicipal’ e ‘Enerxétika’ como o mellor escaparate das últimas innovacións para os servizos municipais e o sector enerxético

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na inauguración da dobre cita feiral que reúne desde hoxe ata o venres a profesionais, empresas e administracións para que intercambien experiencias e aproveiten as sinerxías que comparten os dous sectores

25/03/2026 | 16:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
25/03/2026 | 16:41 | C. de Sanidade

A Xunta destaca o liderado de Galicia na transformación dixital do control oficial da cadea alimentaria

A participación de Galicia no encontro produciuse por invitación expresa da Axencia Española, co obxectivo de compartir unha boa práctica recoñecida a nivel estatal

25/03/2026 | 16:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta de Galicia pon o foco no benestar laboral e no pulo a prácticas empresariais sostibles e responsables

A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participa na apertura do Tour AB Talks baixo o lema Benestar laboral e alto rendemento empresarial, promovido polo Congreso Ágora Bienestar e Valorian

25/03/2026 | 15:54 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos exíxelle ao Goberno central a rehabilitación do Pazo de Meirás como paso previo necesario para que a Xunta asuma a súa xestión

O representante do Executivo galego considera que é unha “xusta reclamación” e pide o apoio para esta demanda de todos os grupos parlamentarios

25/03/2026 | 15:52 | C. do Mar

Villaverde destaca que as ordes de axudas convocadas en xaneiro recibiron 61 solicitudes para sementar máis de 31 millóns de unidades de bivalvos nas rías

Destacou no Parlamento que servirían para rexenerar máis de 6 millóns de metros cadrados de bancos marisqueiros coas axudas de biodiversidade e produtividade