Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 34.050 novas da Fonte::

20/03/2026 | 12:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa obradoiros de sensibilización para o cumprimento de penas de traballo en beneficio da comunidade

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asinou un convenio co presidente da Asociación de Criminólogos de Galicia para impartir estas actividades no caso dos delitos contra a seguridade no tráfico

20/03/2026 | 12:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o efecto dinamizador do Polo de Emprendemento de Ferrol con máis de 1000 proxectos atendidos desde a súa posta en funcionamento

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a nova sede do servizo e fixo un balance do traballo desenvolvido e dos proxectos máis importantes

20/03/2026 | 12:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación fluvial en preto de 2 km en varios ríos no concello de Ribeira

As tarefas que executa Augas de Galicia prolongaranse durante máis de tres semanas e inclúen a retirada de árbores caídas das canles fluviais para evitar atoamentos

20/03/2026 | 11:34 | C. de Sanidade
20/03/2026 | 10:58 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta acorda co Museo Británico exhibir por vez primeira en Galicia 200 pezas sobre culturas do Pacífico

‘Voces do Pacífico’, destacado proxecto internacional incluído na programación expositiva da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, é froito do primeiro acordo directo que acada o Goberno de Galicia cun dos máis grandes museos do mundo

20/03/2026 | 09:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amplía ata os 60 M€ o crédito das redeseñadas accións formativas para persoas desempregadas co fin de apoiar os máis de 700 cursos solicitados en 2 meses

O DOG publica hoxe a ampliación en 20 M€ da orde AFD 2026-2027, que —co prazo de solicitude aberto ata o 30 de novembro— xa concedeu axudas para 495 graos dirixidos a máis de 7.400 persoas, coa previsión de superar agora as 10.700 beneficiarias

19/03/2026 | 16:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

Descende a cifra de emigrantes galegos no exterior mentres se incrementa o número de descendentes nacidos xa no seu país de destino

Segundo os datos publicados hoxe polo INE, o número de persoas que naceron en Galicia e que residen fóra volve baixar un ano máis, rexistrando 2.006 persoas menos

19/03/2026 | 14:58 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta ofrece formación para que as persoas maiores de 50 anos busquen emprego usando ferramentas dixitais

O curso desenvolverase en formato mixto: de xeito presencial na aula CeMIT da Coruña e en liña a través de plataforma de teleformación da Rede

19/03/2026 | 14:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez inaugura en Pontevedra a escultura de San Xosé realizada polo alumnado do CIFP Cantería de Galicia

A peza, elaborada en granito do país e cun peso superior aos 4.000 quilos, foi cedida á parroquia de Campolongo en Pontevedra

19/03/2026 | 13:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia expón a súa traxectoria en compra pública de innovación nun encontro internacional en Portugal

A directora da Axencia Galega de Innovación participa en Braga nun foro no que varios países europeos analizan o uso desta ferramenta