O seguimento na quenda de mañá deste venres da folga médica acada o 21,19 % en atención hospitalaria e o 6,81 % en atención primaria
No conxunto dos dous niveis asistenciais, a folga tivo un seguimento do 17,23 %
Nos sete grandes hospitais a porcentaxe de participación foi do 22,29 % e do 9,38 % nos comarcais
O maior seguimento nos grandes hospitais rexistrouse no Complexo Hospitalario de Vigo, cun 27,5 % e o que menos no Hospital Universitario Lucus Augusti, cun 17,02 %
No que atinxe á atención primaria, a área con máis seguimento foi a de Ferrol con 11,72 % e a que menos a de Lugo, cun 2,15 %
En termos globais, a folga médica acada na sanidade pública o 17,09 %
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2026
O seguimento da folga de médicos na quenda de mañá deste venres acadou o 21,19 % en atención hospitalaria e o 6,81 % en atención primaria. No conxunto dos dous niveis asistenciais, a folga tivo un seguimento do 17,23 %.
Na xornada deste venres conflúen a folga médica convocada a nivel nacional contra o Estatuto Marco promovido polo Goberno central e a folga de atención primaria.
A porcentaxe de participación nos sete grandes hospitais do Servizo Galego de Saúde, na quenda de mañá, acadou o 22,29 %. En canto aos hospitais comarcais, o seguimento foi do 9,38 %.
Por centros hospitalarios, o paro foi secundado polo 26,26 % no caso do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; o 19,04 % no caso do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela; o 17,73 % no caso do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol; o 17,02 % no caso do Hospital Universitario Lucus Augusti; o 20,45 % no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense; o 20,63 % no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra; e o 27,5 % no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
No caso dos hospitais comarcais, o seguimento acadou o 6,98 % no Hospital Público de Cee; o 5,88 % no Hospital Público de Barbanza; o 11,86 % no Hospital Público da Mariña; o 7,89 % no Hospital Público de Monforte de Lemos; o 6,56 % no Hospital Público do Barco de Valdeorras; o 11,48 % no Hospital Público de Verín; e o 12,16 % no Hospital do Salnés.
En canto ao seguimento en atención primaria na quenda de mañá, por áreas sanitarias, foi o seguinte: área sanitaria da Coruña e Cee, 2,95 %; área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, 7,63 %; área sanitaria de Ferrol, 11,72 %; área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, 2,15 %; área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 3,64 %; área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, 9,48 %; e área sanitaria de Vigo, do 11,46 %.
Pola súa banda, en entidades sanitarias como son a Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), a empresa pública de servizos sanitarios Galaria e a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o seguimento na quenda de mañá acadou o 2,47 %.
En termos globais, a folga médica acada na mañá deste venres o 17,09 %.
O Servizo Galego de Saúde conta na xornada de hoxe coa cobertura do 100 % dos servizos mínimos, garantindo a actividade asistencial urxente e de emerxencias.