Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.835 novas da Axencia de Turismo de Galicia:

11/03/2025 | 14:42 | Axencia de Turismo de Galicia
10/03/2025 | 14:44 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arrinca o plan de mellora e accesibilidade viaria do Camiño de Santiago na ruta inglesa ao seu paso polos concellos de Abegondo e Santiago

Calvo salienta que o obxectivo deste plan, dotado de 40 M€, é “afastar aos peregrinos das zonas máis perigosas da circulación” para garantir a súa seguridade

08/03/2025 | 14:26 | Axencia de Turismo de Galicia

A Ruta da Camelia en flor abre a tempada de Trens turísticos de Galicia 2025 con éxito de participación

O director de Turismo de Galicia inaugurou hoxe os itinerarios desta experiencia turística que permite coñecer diferentes pazos e xardíns con este recurso 

08/03/2025 | 11:53 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda enxalza á comunidade galega na diáspora como os embaixadores de Galicia para as futuras xeracións

O programa ‘Reencontros con Galicia’ facilita que cidadáns de máis de 65 anos residentes no territorio americano poidan visitar Galicia e reconectar coas súas orixes

07/03/2025 | 15:07 | Axencia de Turismo de Galicia

O Morriña Festival suma tres novos nomes internacionais ao seu cartel deste 2025 co apoio de concertos do Xacobeo

Nathy Peluso, Elena Rose e Alleh y Yorghaki actuarán este verán en Galicia no marco desta cita musical que se celebrará os días 25 e 26 de xullo no Porto da Coruña 

06/03/2025 | 14:45 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta asume a xestión do primeiro albergue público da rede do Xacobeo na Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, asinaron hoxe o acordo de cesión do inmoble situado en Carril

04/03/2025 | 11:51 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia avanza na internacionalización da oferta coa presenza na Feira ITB Berlín 2025

A Axencia contará cun espazo propio dentro do stand de Turespaña, a través do que chegar aos públicos profesionais visitantes deste evento

03/03/2025 | 16:07 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia, protagonista da nova campaña internacional de Turespaña 2025

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, acompañou ao equipo de rodaxe que estes días se atopa na Comunidade galega rodando na provincia de Ourense

28/02/2025 | 15:36 | Axencia de Turismo de Galicia

O Gran Camiño proxecta internacionalmente a provincia de Ourense co apoio da Xunta

O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Ourense asistiron á saída da terceira etapa que se desenvolveu desde a cidade das Burgas ata O Pereiro de Aguiar

28/02/2025 | 15:17 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta inviste case un millón de euros na mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e restauración do Salnés

O delegado visitou o Restaurante Beiramar, no Grove, que recibiu unha achega de máis de 16.000 euros para realizar varias melloras