Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca no 5º Encontro de amigos do Centro Galego de Maracaibo a volta á terra da descendencia daquelas xeracións que emigraron a Venezuela
José González pon en valor este encontro impulsado por antigos socios e descendentes da colectividade galego-venezolana retornada, enxalzando a memoria compartida e a identidade que foi capaz de sobrevivir ao paso do tempo e á distancia
A Xunta amosa en Ribadavia o oficio da marroquinería artesanal dentro do proxecto Vilas Vivas
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta mañá o desenvolvemento do curso Tomate e trevo impartido pola artesá Antonina Kadyrova na Casa Artesanía de Galicia
A Xunta e os axentes sociais coinciden na urxencia de actuar de xeito integral para reducir o impacto do absentismo en Galicia ante os distintos informes que alertan do seu incremento
O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, presidiu esta semana a cuarta reunión técnica do grupo de traballo creado no Diálogo Social para definir as medidas neste eido
A Xunta presenta en Cádiz a súa estratexia de impulso á Artesanía de Galicia no marco do Festival Sures
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia participou esta mañá na mesa redonda ‘O público como motor creativo’, na que se abordou o papel das institucións públicas na dinamización cultural, económica e de proxección exterior dos territorios
A Xunta pon de relevo as entidades de formación como axentes clave que conectan o talento coas necesidades de capacitación do tecido produtivo
José González defende a importancia do diálogo permanente e a escoita activa co sector para avanzar na mellora continua das políticas activas de emprego impulsadas polo Goberno galego
A Xunta entrega os recoñecementos ‘Medrando Xuntas Impulsa 2026’ para visibilizar o talento feminino na economía social de Galicia
As directoras xerais de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, e de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, participaron hoxe na entrega de galardóns enmarcada no programa que busca fortalecer o papel das mulleres na economía social
Ana Ortiz destaca a formación laboral para 20 persoas desempregadas no obradoiro Queda en Mos
A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, inaugurou unha nova edición da iniciativa financiada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
A Xunta pon en valor a implicación da trintena de xerentes participantes na formación impulsada para consolidar a xestión dos centros comerciais abertos
O director xeral de Comercio e Consumo participou hoxe en Santiago de Compostela na entrega de diplomas tras a formación de case un mes promovida polo Goberno autonómico no marco do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030