Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.488 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

16/04/2026 | 14:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta de Galicia aposta pola formación adaptada á demanda do tecido produtivo e pola igualdade de oportunidades na ‘III Feira de Emprego do Barbanza’

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, e a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participaron esta mañá en senllas mesas no marco da xornada celebrada en Boiro

16/04/2026 | 13:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra ter superado as cen adhesións á rede Ultreia de atención ao emprendemento poñendo en valor a colaboración coa Deputacion de Pontevedra

José González pon de relevo a Rede impulsada no I Congreso Ultreia Galicia que pode seguir sumando inscricións na web www.ultreiagalicia.com, ao tempo que avoga por brindar recursos e programas adaptados ás iniciativas e contornas concretas 

16/04/2026 | 12:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta consolida o apoio aos Centros Especiais de Emprego coa nova orde de 27 M€ que se publica mañá a prol a inclusión laboral de persoas con discapacidade

José González destaca o compromiso do Goberno galego co impulso da economía social, á que se destinan este ano preto de 45 M€, e co apoio a un modelo que xera emprego de calidade, cohesión social e equilibrio territorial

15/04/2026 | 17:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca os avances acadados polos proxectos participantes na aceleradora de economía social que acolleu o Polo de emprendemento de Vilanova

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta tarde no ‘Demoday’ da aceleradora enmarcada no proxecto transfronteirizo ES-Factory, de cooperación Galicia–Norte de Portugal

15/04/2026 | 11:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta crea a Mesa do Comercio de Galicia para impulsar a colaboración entre administracións e axentes implicados en beneficio do sector comercial

González enmarca o novo órgano colexiado consultivo e de participación no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, como reforzo das Mesas Locais que xa existen para coordinar as accións de concellos e asociacións de comerciantes

14/04/2026 | 19:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta dialogará cos sindicatos e a patronal un plan de abordaxe para reducir o impacto negativo do absentismo blindando os dereitos dos traballadores

José González explicou que o obxectivo é completar o deseño deste programa coas achegas, suxestións e melloras da parte social

14/04/2026 | 15:22 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; Axencia de Turismo de Galicia; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Sanidade

Rueda reivindica os avances de Galicia en materias como as tecnoloxías de alto impacto, a vivenda pública e o turismo sostible

Recorda que o Goberno galego xa está cumprindo o seu obxectivo de duplicar o parque de vivenda pública, e pasar de 4.000 a 8.000 fogares

14/04/2026 | 14:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta leva o proxecto Artesanía na Escola a centros de Samos e Baralla

Os artesáns Elena Ferro e Xosé Manuel Sanín achegáronse esta mañá ata o CEIP de Samos e o CPI Luís Díaz Moreno, de Baralla, para facer demostracións da elaboración de zocos e da construción de pandeiretas