Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destinou máis de 240.000€ para a consolidación e impulso de 13 entidades da economía social na provincia de Ourense
Manuel Pardo explicou que esta orde de achegas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración conta cun orzamento de 2,73 millóns de euros e busca reforzar a presenza das empresas de economía social no tecido económico da provincia
A Xunta aborda vías de cooperación en América Latina para desenvolver o modelo galego de atracción de talento conectado coa demanda das empresas
José González reuniuse co embaixador de España en Ecuador e con representantes gubernamentais de Ecuador, Colombia e República Dominicana para explorar novas oportunidades de colaboración en materia de mobilidade laboral
A Xunta convoca o programa Talento Mozo con novos compromisos de inserción e prioridade nos apoios á contratación para facilitar a entrada nas empresas
O DOG publica hoxe os novos programas de emprego e formación para persoas do Sistema nacional de garantía xuvenil (6,6 M€), que priorizarán os sectores laborais con máis demanda para reforzar a conexión co tecido produtivo
A Xunta eleva este ano ata máis de medio cento as campañas de prevención de riscos, seguridade e saúde no ámbito laboral
A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, deu conta no Parlamento dos programas e accións que impulsa o organismo dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
A Xunta proxecta o modelo galego de atracción de talento no foro de mobilidade laboral organizado polo Goberno de Ecuador e o Banco Mundial
O evento reúne hoxe a responsables institucionais, organismos multilaterais e expertos de España, Europa e América Latina para abordar os retos e oportunidades da mobilidade laboral, a formación e a atracción de talento
A Xunta abre mañá o prazo de adhesión para os negocios que desexen adherirse á campaña dos bonos Activa Comercio deste 2026
O DOG publica hoxe a orde que regula este aspecto e que permite aos establecementos que desexen participar inscribirse unha única vez para todas as edicións que se convoquen durante o ano a prol da simplificación administrativa