Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.482 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

04/03/2026 | 12:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a Bidafarma como exemplo do auxe do cooperativismo en Galicia e a súa capacidade de dinamización do territorio

González lembrou que no 2025 Galicia superou as 2.000 cooperativas activas e que este sector factura ao ano máis de 3.000 M€ e emprega a unhas 78.000 persoas, entre socios e traballadores por conta allea

03/03/2026 | 13:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amósalles aos escolares de Ortigueira e Fene os oficios tradicionais da elaboración de zocos e da construción de pandeiretas

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, acompañou os artesáns Xosé Manuel Sanín e Elena Ferro durante as demostracións que realizaron esta mañá no marco do proxecto autonómico ‘Artesanía na escola’

03/03/2026 | 11:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia acada o mellor febreiro en afiliacións con 1.088.231 cotizantes e o paro máis baixo dese mes con 116.058 persoas desempregadas

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, valorou hoxe os últimos datos de desemprego e afiliacións destacando que a Comunidade reduciu o paro en preto 5.000 persoas con respecto a hai un ano

02/03/2026 | 19:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta de Galicia avanza co Goberno central nunha vía específica de homologación de títulos dirixida a persoas beneficiarias das Bolsas Beme

Os representantes autonómicos insisten na necesidade dunha vía áxil —coordinada entre Xunta, universidades e Ministerio— da que poida acabar beneficiándose calquera persoa estranxeira que precise homologación formativa para exercer 

02/03/2026 | 19:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Ribadavia o proxecto piloto para avanzar na elaboración do seu plan local de economía social en liña coas necesidades do territorio

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta tarde na xornada celebrada no concello ourensán, que reuniu a axentes sociais e económicos do municipio

02/03/2026 | 14:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta anima a solicitar o Bono Consolida Economía Social que beneficiou na última convocatoria 16 entidades da área de Pontevedra

A Xunta contribuíu con máis de 12.000 euros á compra dun furgón para a empresa Feito Pontevedra a través do Bono Consolida

02/03/2026 | 14:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste máis de 1,4 millóns nos cursos AFD que se imparten na provincia de Ourense

Manuel Pardo explicou que a nova orde de Accións Formativas para persoas Desempregadas (AFD), dotada cun crédito inicial de 40M€, se enmarca no redeseño integral da formación para o emprego que está impulsando o Goberno galego, e que aposta pola flexibilización, a axilidade, a conexión co mercado e a atención á demanda efectiva das persoas beneficiarias

02/03/2026 | 12:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste preto de 165.000 € na mellora do centro de formación ocupacional de Ferrol

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o centro, onde supervisou as obras executadas en diferentes espazos do CFO