Actualidade
Buscador de novas
O delegado territorial de Pontevedra destaca o bo funcionamento do Bono remuda nunha visita a Sanxenxo
O programa conta cun orzamento total de 1,5 millóns de euros, o que supón un 20 % máis que a convocatoria do ano pasado
Rueda pon a Covirán como exemplo de éxito da economía social e destaca a súa aposta por Galicia coa modernización da súa plataforma loxística
Salienta o papel destas fórmulas empresariais para xerar riqueza e fixar poboación
A Xunta presenta na Arnoia unha nova unidade didáctica do Proxecto Artesanía na Escola centrada nos Sanandresiños
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse esta mañá ata o CEIP San Salvador da Arnoia para presentar o terceiro dos libros que forman parte deste proxecto
A Xunta abre o prazo de solicitude da nova edición do Retorna Cualifica Emprego coa que se prevé a volta con traballo de 200 galegos do exterior
Este programa enmarcado na Estratexia Galicia Retorna xa permitiu que 400 galegos e galegas cunha media de 35 anos volvesen desde 21 países acompañados por familiares —en total, outras 160 persoas—, para traballar en 60 concellos distintos
Belén do Campo destaca o investimento de máis de 1,2 M€ na comarca de Bergantiños-Costa da Morte para impulsar 19 cursos AFD dirixidos a mellorar a empregabilidade dos desempregados
A nova convocatoria 2026-2027 destas formacións conta con 60 millóns de euros, ten o prazo aberto ata o 30 de novembro, e aposta por unha formación máis flexible, dual e conectada co mercado laboral
A Xunta amosa na Pobra de Trives o oficio da construción de instrumentos de percusión tradicional co seu proxecto Artesanía na Escola
O artesán Xosé Manuel Sanín, protagonista da segunda das unidades didácticas de Artesanía na Escola, achegouse ata o CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso de Trives
A Xunta constituirá a vindeira semana a Mesa do Diálogo Social para abordar as primeiras medidas en relación ao absentismo e ao benestar laboral
José González apela a ir implantando melloras para reducir o impacto do absentismo como a nova Estratexia de Benestar Laboral, no marco do Diálogo Social que se vén de institucionalizar e do proceso de deseño do plan integral anunciado polo presidente
Rueda aborda con Conxemar os retos da industria transformadora dos produtos do mar e o impulso á súa feira anual
O presidente da Xunta mantivo un encontro co máximo responsable da asociación, Eloy García, no que se avaliaron as colaboracións que se desenvolven en eidos como a internacionalización do sector ou a promoción do consumo de produtos do mar