Actualidade
Buscador de novas
A Xunta clausura a 2ª edición da aceleradora de proxectos ‘Xerme Ecommerce’ para potenciar o emprendemento no comercio electrónico
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participan hoxe no acto de peche desta iniciativa enmarcada na colaboración co Clúster do Ecommerce Galego
A Xunta anima a participar na campaña ‘Merca no teu Comercio’, que aposta polos negocios locais de Lugo
Os consumidores que compren nos establecementos de proximidade da capital ata o 30 de outubro optan a premios, como medida para impulsar o sector
A Xunta entrega en Allariz os premios da 9ª campaña da iniciativa ‘Merca no teu comercio’ en Ourense
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe no acto no que se repartiron 20 tarxetas prepago de 50 euros entre as persoas participantes
A Xunta pon en valor a nova tenda Arroupa de Cáritas en Vilagarcía de Arousa como unha aposta polo emprego inclusivo e pola economía circular
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na inauguración do establecemento, destacando que esta empresa de inserción recibe apoio do Goberno galego para garantir a súa actividade
Tres candidaturas galegas optan como finalistas á XVIII edición dos Premios Nacionais de Artesanía 2025
O torneiro Aitor Martínez (Tomiño), opta ao Premio Produto pola súa colección Mundos e a artesá Sandra Vilas, do obradoiro Boina Galega (Santiago de Compostela) está nomeada na categoría de Emprendemento
A Ribeira Sacra acollerá en novembro o encontro Ultreia dentro da aposta de Galicia como referente do emprendemento ligado ao territorio
O encontro, organizado pola Xunta de Galicia, celebrarase os vindeiros 27 e 28 de novembro no Monasterio de Santo Estevo de Ribas de Sil, na Ribeira Sacra, no marco do recoñecemento á comunidade galega como Rexión Emprendedora Europea 2025
A Xunta promove a formación, innovación e transformación dixital do comercio como pancas de competitividade ante os novos retos do sector
A xornada, que se celebra hoxe no GaiásTech, inclúe casos de éxito, espazos de demostración tecnolóxica, presentación de factura electrónica e talleres prácticos centrados en redes sociais, IA ou márketing dixital, entre outros
A Xunta pon en valor a aposta do ‘V Premio Cámara de Comercio-ENCE á innovación forestal’ por consolidar o emprendemento ligado ao territorio
José González gabou esta iniciativa que permite visibilizar proxectos empresariais innovadores nun sector estratéxico como é o forestal, ao tempo que contribúe a impulsar o emprendemento neste eido co foco posto nas achegas das novas xeracións