Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 984 novas da área temática Comercio da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

16/10/2025 | 12:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reparte preto de 100.000 euros en axudas a 23 negocios de Ferrolterra para o impulso da innovación e a sostibilidade do comercio local e artesanal

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, deu conta da resolución desta convocatoria da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración durante unha visita ao establecemento Cerámicas Toxo, en Ortigueira

14/10/2025 | 20:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Outeiro de Rei e Cospeito acollen este mes dúas feiras de exaltación dos produtos locais co apoio da Xunta

O delegado territorial, Javier Arias, destaca que a iniciativa enmárcase nun proxecto máis amplo para fomentar o consumo dos alimentos de calidade que se producen e comercializan no territorio

11/10/2025 | 21:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta en Marín o apoio á campaña ‘O Escaparate Estrela' no marco da iniciativa autonómica ‘O teu comercio local é extraordinario’

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na gala final desta iniciativa impulsada polo Centro Comercial Aberto A Estrela de Marín e apoiada pola Xunta con preto de 50.000 euros

10/10/2025 | 15:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta anima en Edugal ás novas xeracións a emprender no eido musical ou na artesanía

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, presentou o proxecto ‘O camiño do emprendemento musical’ na xornada de clausura do 14º Salón da Educación e Formación de Galicia, que arrancou o mércores en Pontevedra

08/10/2025 | 17:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Mar; C. do Medio Rural

O Consello Galego de Artesanía Alimentaria nace co obxectivo de mellorar a calidade e a promoción das producións da nosa comunidade

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, presidiu a reunión na que se constituíu este órgano consultivo dun distintivo de calidade que ampara actualmente 136 operadores da catro provincias

08/10/2025 | 11:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta potenciará a formación en oficios tradicionais con bolsas para aprendices co fin de promover a remuda xeracional no eido da artesanía

Esta medida estará dotada con 1 M€ coa previsión de chegar a uns 50 aprendices e complementará ao programa formativo Aprender da tradición. Oficios e técnicas

07/10/2025 | 21:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aposta en Ames pola colaboración comercial e suma de sinerxías no marco do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe no encontro da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) no que se puxo en valor o Centro Comercial Aberto (CCA) Xeames