Actualidade
Buscador de novas
A Xunta proxecta o modelo galego de atracción de talento no foro de mobilidade laboral organizado polo Goberno de Ecuador e o Banco Mundial
O evento reúne hoxe a responsables institucionais, organismos multilaterais e expertos de España, Europa e América Latina para abordar os retos e oportunidades da mobilidade laboral, a formación e a atracción de talento
A Xunta abre mañá o prazo de adhesión para os negocios que desexen adherirse á campaña dos bonos Activa Comercio deste 2026
O DOG publica hoxe a orde que regula este aspecto e que permite aos establecementos que desexen participar inscribirse unha única vez para todas as edicións que se convoquen durante o ano a prol da simplificación administrativa
A Xunta destina 8,5 M€ á nova edición das achegas para contratar persoal de orientación laboral en entidades locais e sen ánimo de lucro
O DOG publica a convocatoria de 2026 destes apoios, cos que se prevé atender máis de 118.000 persoas desempregadas cun acompañamento personalizado e adaptado ás necesidades do territorio e que poderán solicitarse desde mañá ata o 27 de abril
A Xunta pon de relevo en Ourense o emprendemento como transformador da sociedade no marco do encontro interxeracional ‘Inspiro’
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta tarde en Expourense na 4ª edición deste encontro entre o tecido empresarial e o ámbito formativo de Galicia e o Norte de Portugal
A Xunta promociona en México a marca Artesanía de Galicia e o seu proxecto ‘Artesanía no Prato’
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe en Cidade de México Expo UMEGAL, un evento enfocado a profesionais da hostalería, da gastronomía e do contract
A Xunta de Galicia pon o foco no benestar laboral e no pulo a prácticas empresariais sostibles e responsables
A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participa na apertura do Tour AB Talks baixo o lema Benestar laboral e alto rendemento empresarial, promovido polo Congreso Ágora Bienestar e Valorian
A Xunta reforza a nova convocatoria de accións formativas para persoas desempregadas cunha ampliación de crédito de 20 M€
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a empresa Telemática Galicia, na que se están a desenvolver diferentes accións formativas para persoas desempregadas (AFD) que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración apoia a través da convocatoria 2025-2026
A Xunta salienta a colaboración coa Hermandad Gallega de Venezuela e co resto de centros galegos do país a prol da atención social da cidadanía do exterior
José González visitou a Oficina Social e o Centro de Día da Hermandad Gallega de Venezuela, ambos apoiados polo Goberno galego, destacando o seu papel esencial na atención directa á colectividade galega
José González inicia a axenda da súa primeira viaxe institucional a Venezuela cun encontro de traballo co embaixador de España no país
O obxectivo desta reunión é analizar a situación da colectividade galega, que supera as 30.000 persoas, nun contexto marcado pola complexidade política e social