Actualidade
Buscador de novas
A Xunta propón ao Concello de Vigo e a Zona Franca a celebración dunha reunión para seguir avanzando conxuntamente na potenciación do Ifevi
Así o reflicte unha misiva do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración enviada hoxe a ambas entidades para fixar de común acordo unha data para abordar os seguintes pasos a dar no marco da planificación funcional e estratéxica deste espazo
A Xunta destaca na comarca do Carballiño o potencial da artesanía e do comercio local para a dinamización do rural e a vertebración do territorio
José González salienta que a galardoada Amoras pasou de coller o testemuño dunha froitaría familiar a converterse nun exemplo de emprendemento adaptado á actualidade, con tres establecementos abertos e novos servizos como unha fruit truck
A Xunta amosa en Santiago e Mazaricos o oficio da construción de instrumentos de percusión no marco do seu proxecto Artesanía na Escola
O artesán Xosé Manuel Sanín achegouse esta mañá ata o CEIP Monte dos Postes de Santiago de Compostela e ata o CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos para amosarlle ao alumnado de Primaria o oficio da construción de pandeiretas
A Xunta impulsará en Ecuador a proxección mundial do modelo galego de atracción de talento e consolidará os lazos coa colectividade residente en Venezuela
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, iniciará o martes en Caracas unha viaxe institucional orientada a coñecer de primeira man a situación e necesidades da comunidade galega asentada no país, que supera as 30.000 persoas
A Xunta destaca o efecto dinamizador do Polo de Emprendemento de Ferrol con máis de 1000 proxectos atendidos desde a súa posta en funcionamento
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a nova sede do servizo e fixo un balance do traballo desenvolvido e dos proxectos máis importantes
A Xunta amplía ata os 60 M€ o crédito das redeseñadas accións formativas para persoas desempregadas co fin de apoiar os máis de 700 cursos solicitados en 2 meses
O DOG publica hoxe a ampliación en 20 M€ da orde AFD 2026-2027, que —co prazo de solicitude aberto ata o 30 de novembro— xa concedeu axudas para 495 graos dirixidos a máis de 7.400 persoas, coa previsión de superar agora as 10.700 beneficiarias
Descende a cifra de emigrantes galegos no exterior mentres se incrementa o número de descendentes nacidos xa no seu país de destino
Segundo os datos publicados hoxe polo INE, o número de persoas que naceron en Galicia e que residen fóra volve baixar un ano máis, rexistrando 2.006 persoas menos
A Xunta pon en valor a Plataforma Transfronteiriza Iqual Campus como recurso clave para avanzar na igualdade laboral en Galicia e o Norte de Portugal
A iniciativa enmárcase nun proxecto homónimo Interreg POCTEP (España–Portugal), liderado polo Goberno galego e no que tamén participan a Universidade de Santiago de Compostela, CIM Alto Minho, CIM do Cávado e a Universidade do Porto