Actualidade
Buscador de novas
A Xunta amósalles aos escolares de Ortigueira e Fene os oficios tradicionais da elaboración de zocos e da construción de pandeiretas
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, acompañou os artesáns Xosé Manuel Sanín e Elena Ferro durante as demostracións que realizaron esta mañá no marco do proxecto autonómico ‘Artesanía na escola’
Galicia acada o mellor febreiro en afiliacións con 1.088.231 cotizantes e o paro máis baixo dese mes con 116.058 persoas desempregadas
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, valorou hoxe os últimos datos de desemprego e afiliacións destacando que a Comunidade reduciu o paro en preto 5.000 persoas con respecto a hai un ano
A Xunta de Galicia avanza co Goberno central nunha vía específica de homologación de títulos dirixida a persoas beneficiarias das Bolsas Beme
Os representantes autonómicos insisten na necesidade dunha vía áxil —coordinada entre Xunta, universidades e Ministerio— da que poida acabar beneficiándose calquera persoa estranxeira que precise homologación formativa para exercer
A Xunta impulsa en Ribadavia o proxecto piloto para avanzar na elaboración do seu plan local de economía social en liña coas necesidades do territorio
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta tarde na xornada celebrada no concello ourensán, que reuniu a axentes sociais e económicos do municipio
A Xunta anima a solicitar o Bono Consolida Economía Social que beneficiou na última convocatoria 16 entidades da área de Pontevedra
A Xunta contribuíu con máis de 12.000 euros á compra dun furgón para a empresa Feito Pontevedra a través do Bono Consolida
A Xunta inviste máis de 1,4 millóns nos cursos AFD que se imparten na provincia de Ourense
Manuel Pardo explicou que a nova orde de Accións Formativas para persoas Desempregadas (AFD), dotada cun crédito inicial de 40M€, se enmarca no redeseño integral da formación para o emprego que está impulsando o Goberno galego, e que aposta pola flexibilización, a axilidade, a conexión co mercado e a atención á demanda efectiva das persoas beneficiarias
A Xunta inviste preto de 165.000 € na mellora do centro de formación ocupacional de Ferrol
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o centro, onde supervisou as obras executadas en diferentes espazos do CFO
A Xunta destaca o Festival EmigraSon como resultado dunha diáspora activa que fortalece a identidade galega no exterior
José González sinalou que esta cita, á que se estima que entre os concertos de hoxe e onte asistan un total de máis de 2.000 persoas, serve como punto de encontro da diáspora galega en Europa