Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 983 novas da área temática Comercio da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

10/05/2025 | 20:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta colabora en Arzúa no desfile de moda do municipio na súa aposta pola dinamización e revitalización do comercio de proximidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta tarde no segundo desfile organizado pola Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA) e o Centro Comercial Aberto de Arzúa que conta co apoio do Executivo galego

10/05/2025 | 10:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promoverá no marco da iniciativa ‘Localízate’ xincanas educativas en diferentes cidades galegas para conectar a mocidade co comercio local

Entre os días 12 e 15 de maio, Vigo, A Coruña, Ourense e Lugo acollerán carreiras por equipos polas principais zonas comerciais, nas que o alumnado da ESO participante deberá resolver probas e interactuar cos comercios colaboradores

09/05/2025 | 15:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o potencial da praza de abastos de Cee na dinamización do comercio de proximidade da zona

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou recentemente a praza de abastos do municipio de Cee na que se están realizando actuacións de mellora e onde estivo acompañado pola alcaldesa do municipio, Margarita Lamela

08/05/2025 | 16:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta alerta das consecuencias para pemes e autónomos das políticas laborais deseñadas polo Goberno central fóra da negociación colectiva

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, respondeu hoxe na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego a unha pregunta relacionada co impacto das políticas de emprego do Goberno central na comunidade galega

08/05/2025 | 14:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pide ao Concello de Ourense que volva á mesa de negociación para desbloquear o futuro da Praza de Abastos Nº1: “A nosa man segue tendida”

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, respondeu hoxe unha pregunta na Comisión 1ª Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior sobre a situación da Praza de Abastos nº1 de Ourense, pechada desde hai 7 anos

08/05/2025 | 10:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o potencial de Galicia para impulsar iniciativas emprendedoras ligadas ao territorio e a prol da remuda xeracional

José González puxo de relevo a aposta de Galicia pola colaboración público-privada e apelou á coordinación de esforzos para potenciar actividades e sectores estratéxicos en cada territorio, como o comercio, e promover ideas que favorezan á comunidade

07/05/2025 | 17:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta o compromiso coa continuidade da planta de Sargadelos en Cervo garantindo os postos de traballo e o cumprimento da lexislación vixente

José González puxo en valor que o Goberno autonómico traballa con seriedade e discreción mediando para dar solución á situación de Sargadelos e apelando á máxima responsabilidade das partes

07/05/2025 | 13:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta continúa achegando aos máis novos o eido da artesanía a través do proxecto ‘Artesanía na escola’

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou hoxe no CEIP Plurilingüe de Silleda na segunda das unidades didácticas deste proxecto que busca achegarlle os oficios artesanais a escolares de primaria