Actualidade
Buscador de novas
A Xunta lanza a nova orde de axudas extraordinarias ao retorno con 2,5 M€ destinados a apoiar os gastos iniciais do regreso dun milleiro de familias
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria 2026 destas achegas que permiten cubrir as primeiras necesidades dos galegos retornados, con apoios que poden chegar ata os 6.000 euros
A Xunta convoca por máis de 2,7 M€ as axudas de 2026 para a consolidación e impulso das entidades da economía social
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha nova edición do Bono consolida economía social, con achegas que poderán ser de ata 30.000 euros
A Xunta remarca que continúa traballando coa Fegamp e os axentes sociais no protocolo de prevención e actuación no Servizo de Axuda no Fogar
González explicou que se levou hoxe mesmo un segundo borrador á mesa de traballo creada para tal fin e que é documento aberto a aportacións a prol dunha ferramenta adaptada á realidade do SAF
Belén do Campo reúnese coa nova directiva da área comercial Obelisco e trasládalles o apoio do Goberno galego ás súas iniciativas
A delegada da Xunta animou a entidade a solicitar as axudas dirixidas a actuacións de dinamización das áreas de interese comercial que contarán con 2,7M€ e se convocarán en próximas datas
A Xunta reforza o apoio ao tecido produtivo con ferramentas pioneiras de formación flexible como as microcredenciais e as novas axudas ao emprendemento
José González resaltou o redeseño integral da formación para o emprego que está a promover o Executivo autonómico, con fitos clave como o novo decreto para regular as microcredenciais publicado onte no Diario Oficial de Galicia
A Xunta axudou a impulsar nove negocios liderados por mulleres na zona sur da provincia de Lugo o ano pasado a través do programa Emega
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que os incentivos sumaron 94.000 euros e permitiron crear nove postos de traballo femininos
A Xunta achega aos escolares de Vigo os oficios tradicionais da elaboración de zocos e da construción de pandeiretas
Os artesáns Xosé Manuel Sanín e Elena Ferro, protagonistas das dúas primeiras unidades didácticas do programa ‘Artesanía na escola’, impulsado polo Goberno galego, realizaron demostracións dos seus oficios no centro CEIP Virxe do Rocío
A Xunta pon en marcha unha nova edición de obradoiros para formar a máis de 2.000 persoas galegas no exterior
Desde hoxe e ata o vindeiro 26 de febreiro as arredor de 200 entidades galegas de toda Europa e América inscritas no Rexistro da Galeguidade poden solicitar estas achegas das que o DOG publicou esta semana a convocatoria deste ano
A Xunta publica o decreto pioneiro de microcredenciais que permitirá ás empresas crear e impartir formación curta e certificada á súa medida
O DOG publica o decreto que habilita por primeira vez en Galicia un espazo oficial para certificar competencias profesionais de forma rápida e flexible, consolidando de xeito estratéxico un modelo de capacitación orientado ás necesidades das empresas