Actualidade
Buscador de novas
A Xunta ten aberto o prazo dunha batería de axudas para potenciar as oportunidades laborais de máis de 17.000 persoas e facilitar a cobertura de vacantes
Dirixidas tanto a persoas desempregadas como ocupadas, son as AFD (50 M€), a de unidades formativas en empresas con compromiso de contratación (8 M€), a de formación a demanda do tecido produtivo (4 M€) e o Bono Talento Empresa (2 M€)
A Xunta promove en Sober a comercialización do produto artesán galego na quinta edición de ´Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra´
O director xeral de Comercio e Consumo, o director xeral de Patrimonio Cultural e a xerente da Fundación Artesanía de Galica visitaron o evento no que participan unha vintena de obradoiros artesanais
A Xunta lembra que as axudas ao Retorno Emprendedor permanecen abertas ata o 30 de setembro
As axudas, que poden chegar aos 10.000 euros, están dirixidas aos primeiros momentos de inicio da actividade
A Xunta apoiará con 6,5 M€ aos concellos e entidades sen ánimo de lucro para a contratación dunhas 400 persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de 2025 destas achegas cofinanciadas pola Unión Europea e destinadas a incentivar a inserción laboral de desempregados de entre 18 e 29 anos en máis de 200 entidades
A Xunta impulsa en Chantada a formación artesanal coa nova edición do curso 'Fibranzas. Laboratorio das fibras vexetais'
O director xeral de Comercio e Consumo e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia visitaron o novo curso desta iniciativa do Goberno galego, o Espacio Vilaseco, Os Casares e a cesteira Idoia Cuesta
A Xunta pon en valor o auxe da feira Mostrart e o seu papel na difusión do selo Artesanía de Galicia
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou a feira Mostrart, que celebra a súa 41 edición ata o 31 de agosto nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña
A Xunta reforza o apoio á integración laboral das persoas con discapacidade e en risco de exclusión coas axudas deste ano á contratación de preparadores
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de 2025 das achegas do Programa de emprego con apoio ás que destina 450.000 euros
A Xunta destaca a iniciativa do comercio local do Carballiño en prol da dixitalización coa posta en marcha da plataforma de atención LoPróximo
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na casa do Concello na presentación desta iniciativa que poñerá en marcha Carballiño Centro Comercial Aberto e que foi recoñecida nos Premios do Comercio Galego 2024
A Xunta impulsa con formación a dixitalización das Cooperativas e Entidades de Economía Social en colaboración con Galicia Business School
Ambas entidades lanzan por primeira vez o Programa Generación Digital Pymes: Cooperativas e Economía Social, que comezará en novembro e ofrecerá formación gratuíta e mentorización dos plans de transformación dixital
A Xunta salienta o labor da Rede de Polos de Emprendemento en prol da remuda xeracional en negocios ligados ao territorio
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitou esta mañá as instalacións do Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Porriño, onde mantivo un encontro cun emprendedor asesorado nesta oficina