Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.750 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

11/08/2023 | 11:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incoa o expediente de declaración BIC do Museo Galego de Arte Contemporánea Sargadelos-Carlos Maside e a súa colección artística

O Diario Oficial de Galicia publica o inicio dos trámites deste proceso que supón a protección inmediata da edificación proxectada polo arquitecto Andrés Fernández-Albalat no concello de Sada e ideada por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo

10/08/2023 | 12:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 3.800 estudantes de 46 centros educativos beneficiaranse dos cursos de linguas estranxeiras que organiza a Xunta fóra do horario lectivo

A formación do programa Cuale é totalmente de balde para as familias e facilitan ao alumnado preparar as probas de certificación das escolas oficiais de idiomas

10/08/2023 | 11:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Consellería de Cultura aposta pola coreógrafa Kirenia Martínez como nova directora do festival Escenas do Cambio do Gaiás

A tamén mediadora cultural dirixirá a décima edición dun certame que aposta pola escena contemporánea mesturando un compromiso coa creación galega e unha vocación internacional

09/08/2023 | 14:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Gabriel Alén subliña a importancia dos achados arqueolóxicos no mosteiro de San Xoán de Camba, en Castro Caldelas

O delegado territorial destacou que na sondaxe apareceron vestixios do muro perimetral que confirmaría a existencia do Mosteiro medieval, igualmente estruturas do que poderiamos considerar dúas celas, material construtivo e cerámico de época medieval e dúas tumbas medievais

09/08/2023 | 12:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa con 300.000 euros os traballos de preprodución de novas películas e series galegas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria anual de subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos, que poden solicitarse desde mañá e ata o vindeiro 11 de setembro

09/08/2023 | 10:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destina 350.000 euros á promoción da lingua galega en 68 concellos e agrupacións locais

As axudas buscan apoiar a creación, o reforzamento e o mantemento dos servizos lingüísticos, así como as programacións municipais

08/08/2023 | 15:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a aposta da Xunta pola conservación da patrimonio cultural galego, con 130 actuacións de rehabilitación en marcha

O conselleiro de Cultura comproba o avance dos traballos de restauración da Capela da Lanzada, que contan cun orzamento de 110.000€

08/08/2023 | 13:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Festival de la Luz inclúe un escenario ‘Sonemerxente’ para os 10 artistas e grupos da aceleradora de proxectos musicais da Xunta e Paideia

Paraíso Canto, Samudra Trío, Zeltia Irevire, De Ninghures, Adrian Timms, Hydn, Ani Baires, Helena Egega, Law e Mondra actuarán o 26 e 27 de agosto neste espazo dedicado especificamente á promoción do talento

08/08/2023 | 12:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Case 640 alumnos de Bacharelato viaxan este mes a Canadá, Reino Unido, Francia, Alemaña e Portugal para mellorar as súas competencias en idiomas

Permanecerán tres semanas no país estranxeiro correspondente para avanzar nos seus coñecementos en inglés, francés, portugués ou alemán

08/08/2023 | 10:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional