Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo destaca tras a aprobación da programación da OSG 2026/2027 o papel estratéxico do consorcio para a música da Coruña como referente en España
Belén do Campo salientou o incremento do apoio económico da Xunta ao Consorcio para a promoción da Música ata os 3,6 millóns de euros nos orzamentos de 2026
A Xunta e AGADEA promoven actividades inclusivas de cultura e natureza no Gaiás para as persoas con deterioro cognitivo
A iniciativa encádrase no convenio que veñen de asinar a Fundación Cidade da Cultura e AGADEA para promover o acceso á cultura e actividades saudables
A Xunta celebra o Día Internacional dos Arquivos en Lugo cun novo ‘Documento Singular’, música e visitas guiadas
O próximo martes día 9 o Arquivo Histórico Provincial amosará o seu labor e exporá un “tombo” do mosteiro de Penamaior que data do 1702
A Xunta convida a mergullarse nas culturas de Oceanía cunha exposición que exhibe por vez primeira en Galicia 200 pezas únicas do British Museum
López Campos remarca a oportunidade que supón para o público galego descubrir esta “valiosa escolma de obxectos históricos e pezas artísticas contemporáneas” que exploran as tradicións dun océano que abrangue 1.800 culturas diferentes
López Campos sitúa Galicia como epicentro audiovisual na súa visita á filmación de ‘Un deus que non baila’
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a adxudicación de 350.000 € a esta longametraxe no marco da liña de atracción de rodaxes canalizada pola Xunta, na que tamén figuran os filmes ‘Sin huella’ e ‘Dímelo con besos’
López Campos visita en Vila de Cruces o equipo da película ‘Gloria e Olvido’ durante a súa rodaxe co apoio da Xunta
A longametraxe da produtora galega Agallas Filmes recibe unha subvención de 320.000 € por parte do Goberno Galego para a súa produción, ademais doutra axuda previa para a posta en marcha do proxecto
A Xunta contará co sector cultural para elaborar o primeiro Plan director da historia do Centro Galego de Arte Contemporánea
López Campos avanza que nos vindeiros días comezarán os traballos para deseñar esta “folla de ruta”, na que se definirán as estratexias futuras do CGAC
Belén do Campo anuncia a adxudicacón da segunda fase da restauración do santuario da Virxe da Barca por máis de 415.000€
A delegada da Xunta visitou esta mañá o templo para anunciar o inicio desta nova intervención que permitirá culminar a recuperación desta emblemática igrexa de Costa da Morte
A Xunta patrocina a Festa da Tinería, que se celebra o sábado impulsada pola asociación de empresarios Itineris
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, participou hoxe na presentación da programación, que inclúe obradoiros, música e un mercadiño nas rúas do casco histórico lucense
O certame ‘Lingua de Namorar’ recoñece o talento literario da mocidade galega
O certame baseado en mensaxes vencellados ao amor ten como obxectivo impulsar o uso do idioma entre os mozos, á vez que cultivan a súa creatividade