Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.001 novas da C. de Cultura, Lingua e Xuventude:

24/05/2026 | 09:38 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta e o Festival RESIS promoven a creación musical de vangarda con Niño de Elche e Héctor Cavallaro en residencia no Gaiás

O artista alacantino e o compositor ítalo-venezolano constrúen en ‘Entre Feldman’ unha obra que dialoga coa pintura e combina electrónica, performance, música de cámara e videocreación

23/05/2026 | 14:51 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos subliña a relevancia dos certames audiovisuais galegos na colocación da estrela do cineasta Julio Medem no Festival de Cans

A Xunta apoia a 23ª edición do certame que chega esta noite ao seu fin na aldea porriñesa cun novo éxito de participación profesional e veciñal arredor do seu singular modelo de dinamización rural a través da cultura

22/05/2026 | 15:15 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Galicia Escena PRO chega a súa 13ª edición co récord de 252 profesionais acreditados e 136 propostas recibidas

A feira das artes escénicas organizada pola Xunta e a asociación Escena Galega reunirá do luns 25 ao xoves 28 en Santiago de Compostela 84 programadores nacionais e internacionais, co que se supera tamén a cifra de anos anteriores

22/05/2026 | 13:45 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Belén do Campo anuncia a adxudicación por máis de 256.000€ das obras de restauración da fachada e do campanario da igrexa da Nosa Señora de Laxe de Vilasantar

Os traballos foron adxudicados á empresa Citanias Obras y Servicios, S.L.U e contarán cun prazo máximo de execución de seis meses

22/05/2026 | 13:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos erixe a mostra ‘Misha Bies Golas’ como exemplo da contribución do Centro Galego de Arte Contemporánea á proxección do talento galego

O titular de Cultura do Goberno galego avanza unha nova etapa do centro museístico público con maior espazo e pulo para a creatividade da Comunidade

22/05/2026 | 12:20 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude
21/05/2026 | 15:05 | C. de Facenda e Administración Pública; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A EGAP pecha os actos de celebración do Día das Letras Galegas animando ás novas xeracións a usar o galego en todos os ámbitos da vida

Participaron o conselleiro de Facenda e Administración Pública e a directora da Escola Galega de Administración Pública

21/05/2026 | 14:59 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O ciclo ‘Enraigadas’ leva co apoio da Xunta 12 concertos a sete salas galegas ao longo de 2026

A programación está incluída na nova convocatoria de axudas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para proxectos musicais en salas privadas

21/05/2026 | 14:58 | C. do Mar; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta presenta o primeiro censo do Patrimonio marítimo de Galicia, que documenta case 1.500 bens no noso litoral

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participaron hoxe en Ribeira na presentación de dúas das accións máis importantes do Plan da Cultura Marítima de Galicia – Horizonte 2030 (PCUMA)