Actualidade
Buscador de novas
A Xunta abre á participación de axentes culturais e sociais a elaboración do Plan de accesibilidade e inclusión cultural de Galicia
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude promove un proceso colaborativo na configuración da folla de ruta das políticas públicas do Goberno galego neste eido
A Xunta promove o talento emerxente no ‘Encordass Fiddle Fest’ que este ano se centra na música escocesa
O certame contará con 16 concertos de artistas e formacións de Galicia e Escocia e celebrarase na Illa de San Simón, entre os días 2 e 5 de xullo
A Xunta incrementa o apoio aos Premios da Música Martín Códax pola súa valía para facer visible a calidade de todo o sector
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e a presidenta de Músicas ao Vivo, Sheila Patricia, asinan o convenio de colaboración polo que o Goberno galego achega 28.000 euros, 2000 máis que en 2025
Anxo M. Lorenzo destaca a contribución dos oficios tradicionais “ao enriquecemento e singularidade” do patrimonio cultural galego
O director xeral de Cultura inaugura no Museo Etnolóxico unha mostra con fotos e vídeos sobre estes traballos do alumnado do Instituto Manuel Chamoso do Carballliño
López Campos celebra o desenvolvemento de novas ferramentas que permitan mellorar a conservación do patrimonio cultural
A Cidade da Cultura acolle hoxe a sesión para dar a coñecer o proxecto ‘Creación de xemelgos dixitais para o estudo e predición do aire no interior dos monumentos’
A Xunta pon en servizo as dúas pistas de pickleball que acondicionou no Espazo Xove de Viveiro
Alumnado de 1º da ESO do IES Vilar Ponte participou na xornada inaugural das instalacións, á que acudiron o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses
A Xunta adxudica 9.087 prazas para os campamentos e minicampamentos deste verán
Trátase das dúas modalidades que concentran a meirande parte das propostas dun programa que nesta edición ten capacidade para un total de 11.932 persoas
A Xunta presentará o vindeiro mes a actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega
Trátase dunha folla de ruta elaborada a partir do traballo de máis de 100 expertos que formaron parte das 11 comisións constituídas para a renovación do documento
A Xunta nomeará directora do Centro Galego de Arte Contemporánea a Eva López Tarrío
Doutora en Belas Artes e catedrática de Ensino Secundario, conta cunha sólida traxectoria en proxectos culturais e educativos, á vez que en xestión institucional