Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.999 novas da C. de Cultura, Lingua e Xuventude:

15/07/2026 | 15:23 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A proposta de actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega inclúe case 700 medidas para impulsar o seu uso en toda a sociedade

A actualización, coordinada polo académico Manuel González, ten en conta a nova realidade social e demográfica de Galicia con iniciativas específicas para favorecer o uso da lingua entre a poboación foránea, no ámbito dixital e nas redes sociais

15/07/2026 | 13:20 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Atlantic Fest celebra o seu décimo aniversario co apoio da Xunta, reforzando o atractivo turístico e cultural das Rías Baixas

A praia da Concha de Vilagarcía de Arousa volve converterse no epicentro do indie estatal os días 17, 18 e 19 de xullo

14/07/2026 | 17:20 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta leva a Lugo a exposición de rúa ‘Botamos un baile?’ para pór en valor a historia das orquestras en Galicia

O proxecto nace a raíz dunha mostra que acolleu a Biblioteca de Galicia en 2023, agora adaptada a un formato de rúa que está a viaxar por vilas da Comunidade

14/07/2026 | 16:07 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Rede Galega de Oficios Vivos arranca este sábado en Ponteareas

Este programa pioneiro de voluntariado interxeracional percorrerá unha vintena de concellos ata o mes de outubro

14/07/2026 | 12:29 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Maricarme e Unto Vello refrescan os concertos de ‘Atardecer no Gaiás’ con novo folclore galego

O trío formado por Cibrán Seixo, María Jorge e Migui Carballido presentará o xoves 16 un adianto do seu primeiro EP, que mestura instrumentos acústicos e electrónicos

13/07/2026 | 16:31 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta e a Academia Galega do Audiovisual colaboran para proxectar as curtas dos Premios Mestre Mateo en 26 concellos

O Ciclo Mestre Mateo Galicia Calidade levará as oito pezas finalistas e gañadoras na última edición dos galardóns ata localidades que non contan con salas de exhibición estables

12/07/2026 | 10:32 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta destina 350.000 € a apoiar a produción editorial galega, tras unificar tres liñas de axudas que serán bianuais en resposta á demanda do sector

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude lanza nunha convocatoria as axudas de gastos de edición, distribución e comercialización, as de audiolibros e as de libros en lectura fácil 

11/07/2026 | 14:03 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos anuncia o remate das obras de restauración do santuario da Peregrina a principios de agosto

O titular de Cultura do Goberno galego destaca o comezo xa da retirada das estadas, que se concluirá de xeito completo a finais deste mesmo mes

10/07/2026 | 14:45 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Rede Galega de Teatros e Auditorios chega ao seu 30º aniversario con 223 novas funcións e concertos en 39 concellos

A Xunta coordina e cofinancia desde 1996 este circuíto autonómico de espectáculos xunto ás entidades locais participantes