Lara Meneses e Ana Ortiz visitan o campo de voluntariado das Illas Cíes

Vigo, 16 de xullo de 2026

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitaron este xoves o campo de voluntariado das Illas Cíes acompañadas polo director do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, José Antonio Fernández Bouzas. As representantes autonómicas destacaron a participación de mozos e mozas procedentes de toda a xeografía nacional, así como de diferentes países de Europa na conservación da biodiversidade da Illas Cíes. Os campos de voluntariado de Cantareira contan con 5 quendas ao longo dos meses de xullo e agosto.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/07/2026