Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.487 novas da C. de Cultura, Lingua e Xuventude:

29/05/2025 | 11:26 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia a nova Temporada Lírica da Coruña coa Ópera Carmen dirixida por Calixto Bieito e máis de 20 actividades arredor do xénero

O ciclo arrancará o 5 de setembro coa célebre obra de George Bizet en conmemoración do seu 150 aniversario e coa Sinfónica de Galicia e mais os coros Gaos e Cantábile noi escenario

28/05/2025 | 19:16 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos destaca o compromiso da Xunta coa Catedral de Mondoñedo á que dedica preto de 300.000€ este ano

A achega da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude encádrase nos obxectivos do Plan de Catedrais de Galicia, que contempla un investimento de 6,5M€ neste ben

28/05/2025 | 14:08 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Gaitafilmes encara a fin da rodaxe de ‘Monstro’, a nova película de Andrés Goteira producida con subvención da Xunta de Galicia

Contou cunha subvención de máis de 255.000 euros a través da convocatoria de 2022 para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos

28/05/2025 | 11:46 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García salienta a contribución das xornadas de convivencia ‘Cholo e Nela’ para pór en valor o galego dun xeito lúdico e educativo entre a cativada

O secretario xeral da Lingua enxalza a “enorme implicación” da comunidade escolar nesta actividade con 500 rapaces de Educación Infantil, acompañados de 300 pais e nais

28/05/2025 | 10:58 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta reúne 225 profesionais de toda a península na 12ª feira ‘Galicia Escena PRO para impulsar a contratación de espectáculos galegos

O público xeral poderá acceder de balde á representación das 21 montaxes de teatro, danza e circo contemporáneo que constitúen o núcleo central da programación

27/05/2025 | 14:07 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta e as universidades galegas afondan nas liñas de actuación para seguir fomentando o uso da lingua

O obxectivo da xuntanza é planificar e definir as pautas que dinamicen o idioma no ensino superior

27/05/2025 | 12:13 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Centro Dramático Galego estrea mañá a montaxe para público familar ‘O carteiro de Ximaraos’ en coprodución cos Monicreques de Kukas

O Salón Teatro acolle esta semana tres representacións desta peza, creada polo equipo artístico gañador do Premio Xuventude Crea 2024 baixo a coordinación da unidade de produción teatral da Xunta

27/05/2025 | 12:00 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; A Presidencia da Xunta
26/05/2025 | 15:38 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta convoca unha mesa de diálogo sobre os murais de Urbano Lugrís co Concello e a Deputación da Coruña

No encontro, que se celebrará o vindeiro mércores 4 de xuño na sede da Delegación da Xunta na cidade, analizarase o informe de avaliación feito polos técnicos