Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.250 novas da C. de Economía e Industria:

23/07/2026 | 17:49 | C. de Economía e Industria

Galicia exhibe as súas capacidades en seguridade, defensa e aeroespazo no marco dos cursos de verán da Universidade Complutense de Madrid

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participou hoxe na xornada Un país aeroespacial

22/07/2026 | 15:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta destina máis de 43.000 euros á modernización, dixitalización e mellora da seguridade da área de servizo de Ponte Ulla en Vedra

A delegada visitou unha das beneficiarias desta liña de axudas que serviu para a instalación de melloras asociadas ao pagamento e equipamentos dirixidos a mellorar a seguridade da estación de servizo

22/07/2026 | 14:19 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda destaca o Grupo Cándido Hermida como un referente do prestixio internacional de Galicia no sector contract

Agradece a visión emprendedora e a aposta da firma pola innovación, o talento e a formación, destacando a súa colaboración pioneira coa FP Dual na comarca

22/07/2026 | 12:29 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anima as empresas galegas a sumarse á ampliación de capital de RDG

O que se busca é seguir fortalecendo desde o punto de vista financeiro a sociedade para que teña máis capacidade de seguir investindo en activos enerxéticos, explica

21/07/2026 | 19:57 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda pon a prolongación da autovía AG-59 como exemplo da aposta da Xunta na vertebración dunha Galicia con estradas máis seguras, cómodas e sostibles

Destaca que mañá abriranse ao tráfico os novos 3,5 quilómetros entre A Ramallosa e Pontevea, no municipio de Teo, tras un investimento de máis de 32 millóns de euros

21/07/2026 | 15:35 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia que a partir do 29 de xullo xa se poderán solicitar as axudas por valor de 45 M€ para empresas do sector da automoción

O programa estrutúrase en tres liñas de actuación cun importe de 15 millóns de euros cada unha

17/07/2026 | 14:44 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda loa o talento e a innovación de Galicia ante o próximo lanzamento de OSSIE, o primeiro vehículo español que moverá satélites no espazo

Subliña o “orgullo” que supón que este fito aeroespacial de vangarda internacional leve o selo Galicia Calidade e sitúe á comunidade como un referente tecnolóxico global