Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.031 novas da C. de Economía e Industria:

26/01/2023 | 15:03 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

O Goberno galego declara iniciativa empresarial prioritaria a planta de inxectables que Indukern poñerá en marcha en Monforte de Lemos

Rueda resaltou que este proxecto impulsará a consolidación de Galicia como “referente en materia de biotecnoloxía”

25/01/2023 | 18:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta resolve favorablemente oito proxectos eólicos vinculados a Alcoa

Conde precisa que cinco destes parques están promovidos por Greenalia e tres por parte de Enel, con quen Alcoa asinou contratos de subministración de enerxía renovable a longo prazo (PPA), e que, en total, suman 207,4MW

25/01/2023 | 12:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Ponte Caldelas a aposta por novos modelos produtivos baseados na economía circular

O director do Igape, Fernando Guldrís, visitou as instalacións de Setga no polígono da Reigosa, nas que esta empresa especializada en iluminación está a instalar un novo sistema para a xestión de edificios co apoio da Administración autonómica

25/01/2023 | 11:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a posición de vangarda de Galicia no desenvolvemento de tecnoloxías para acadar sistemas non tripulados máis autónomos e seguros

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, expuxo as claves do Polo Aeroespacial de Galicia nunha xornada en Madrid organizada polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) e pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA)

24/01/2023 | 17:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia resolve 120 expedientes de proxectos eólicos aos que o Goberno central impuxo como data límite o 25 de xaneiro

Lamenta que o Goberno non atendese a solicitude feita desde Galicia e o propio sector para ampliar os prazos, a pesar do que se resolveron 77 expedientes favorables e 43 desfavorables

24/01/2023 | 15:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a posta en valor dos recursos termais do municipio ourensán de Bande

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou no acto de presentación do proxecto gañador e finalistas do concurso convocado polo Concello para a construción dun centro termal nos Baños

24/01/2023 | 14:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a oficina conecta naval para posicionar Galicia e poñer de relevo o papel que merece a industria galega nos fondos europeos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na presentación en Ferrol desta iniciativa, que se desenvolve en colaboración con Pymar

24/01/2023 | 12:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa sobre as oportunidades dos programas europeos de I+D+i para impulsar a competitividade das pemes galegas

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, destacou os bos resultados obtidos polas entidades galegas en Horizonte Europa e apuntou que o reto para o periodo 21-27 é incrementar a participación das empresas

24/01/2023 | 10:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que o tecido empresarial galego está sabendo interpretar as necesidades actuais xa que a metade das firmas xa desenvolven plans de transición enerxética

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá na Coruña na presentación do informe de BDO ‘Retos e perspectivas de investimento en Galicia para 2023’

23/01/2023 | 12:39 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda resalta o potencial da Galicia que bate récords históricos en exportacións para reforzar os lazos comerciais con América Latina

Salienta que as políticas da Xunta ofrecen “estabilidade e seguridade” ao sector, o que permiten impulsar a internacionalización do tecido empresarial galego