Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.251 novas da C. de Economía e Industria:

25/11/2025 | 15:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta reafirma o seu apoio ao tecido industrial lucense para seguir avanzando cara un modelo moderno e sostible

O delegado territorial, Javier Arias, participou na clausura dun foro Conecta Lugo sobre industrialización e sostibilidade, no que compartiron a súa experiencia representantes dos ámbitos da empresa, a ciencia e a Administración

25/11/2025 | 13:12 | C. de Economía e Industria

Lorenzana: “A falta de investimento na rede eléctrica é unha das maiores catástrofes e a peor herdanza que vai deixar o Goberno central”

Empraza ao Executivo central a investir máis recursos públicos na mellora da rede de transporte de enerxía en España. “A mellor maneira de facer crecer España sería gastando os impostos de todos os españois en reforzar a rede de transporte eléctrico”, di

24/11/2025 | 15:10 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda destaca que o valor económico mineiro de Galicia pode acadar os 45.000 M€ ao contar con máis da metade das materias consideradas críticas pola UE

Asegura que un estudo revela que “Galicia rexistra unha das concentracións máis significativas de minerais críticos de Europa occidental”

24/11/2025 | 13:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta participa na reunión do padroado de IFECO na que se abordou a planificación da entidade para o próximo exercicio

Os representantes autonómicos destacaron o papel estratéxico de IFECO na dinamización económica e empresarial da provincia

23/11/2025 | 10:09 | C. de Economía e Industria

A Xunta organiza unha campaña de concienciación sobre a seguridade contra incendios nos polígonos industriais

A iniciativa contempla a realización dunha rolda de xornadas informativas dirixidas a empresas, organizacións e colexios profesionais que se desenvolverán entre os días 24 e 28 de novembro nos principais parques empresariais de Galicia

22/11/2025 | 14:34 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o investimento da Xunta de máis de 22 M€ para a ampliación do polígono industrial Lalín 2000

Avanza que a previsión é que as obras de urbanización, licitadas por 11,2 millóns de euros, comecen a mediados do próximo ano para que os máis de 300.000 m² de superficie ampliada, distribuídos en 42 parcelas, estean á disposición das empresas en 2028 

21/11/2025 | 15:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta erixe o Pazo de Lourizán como símbolo da investigación forestal a nivel nacional

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, clausurou hoxe a xornada sobre Historia e proceso de rehabilitación da Finca de Lourizán, celebrada na Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra

21/11/2025 | 12:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta reivindica a colaboración entre empresas tractoras e startups como motor da innovación galega

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou hoxe na inauguración da xornada “Conecta Empresas” onde puxo en valor que Galicia está a “afianzar unha cultura colaborativa cada vez máis sólida”

19/11/2025 | 16:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor os proxectos de investigación que está a desenvolver o CIF de Lourizán

Os directores da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) e de Planificación e Ordenación Forestal participaron hoxe na clausura do segundo encontro da Macro Rexión Atlántica organizada por Fearmaga