Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.251 novas da C. de Economía e Industria:

01/11/2025 | 12:59 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Economía e Industria
31/10/2025 | 18:18 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia un investimento de 2,5 M€ en 2026 para seguir promovendo a madeira na construción

Precisa que a iniciativa, con axudas de entre 15.000 e 120.000 euros, permitiu impulsar na pasada convocatoria un total de 244 obras en 174 concellos

31/10/2025 | 15:31 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural

Medio Rural destinará 8 M€ no 2026 a reforzar a sanidade forestal, máis do dobre que este ano

A titular da Consellería explicou que o obxectivo deste esforzo orzamentario en tratamentos fitosanitarios é garantir o bo estado de saúde das especies e a resiliencia do monte

31/10/2025 | 13:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta o papel da innovación e do talento creativo como motor da transformación industrial de Galicia

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou hoxe na Xornada de Innovación en Industria celebrada na Casa das Máquinas de Santiago, no marco da XI edición da Maker Faire Galicia

30/10/2025 | 15:40 | C. de Economía e Industria

Lorenzana solicita unha nova reunión da comisión de seguimento de Alcoa e pide que se celebre en Galicia

Xustifica esta proposta pola importancia estratéxica que ten esta empresa, o número de postos de traballo que dependen dela e a necesidade de que o Goberno central manifeste o seu apoio á industria de Galicia e, en particular, a Alcoa

30/10/2025 | 15:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta pón en valor o labor investigador do CIF de Lourizán na mellora da sáude das masas forestais de Galicia

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández, inaugurou esta mañá unha xornada técnico-científica sobre a xestión integrada de enfermidades e pragas nas coníferas, no marco do programa de actividades de Piñeiros 2025

30/10/2025 | 15:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o potencial do sector biotecnolóxico galego como motor de transformación e innovación

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou hoxe en Vigo na clausura da XI edición dos BioInvestor Days, organizada por Bioga e o EDIH DATAlife en colaboración co Consorcio da Zona Franca no marco do proxecto europeo IBEROBIO

30/10/2025 | 13:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria

A Xunta apoia unha nova edición da feira ´Festalent´ como referente da conexión entre o mundo académico e o tecido empresarial de Ferrolterra e Galicia

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na apertura do evento que reúne a un total de 50 empresas e institucións